A debilidade de Feijóo está a prexudicar a Galicia, como sucedeu coa Lei de Cadea Alientaria,

A debilidade de Feijóo está a prexudicar a Galicia, como sucedeu coa Lei de Cadea Alientaria,

A debilidade de Feijóo está a prexudicar a Galicia, como sucedeu coa Lei de Cadea Alientaria,

A deputada socialista e portavoz na mesa de Agricultura no Congreso, Laura Seara, e o portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista na Cámara galega, Pablo García, veñen de acusar a o presidente Feijóo de quedar nun “espantoso ridículo” e de recriminar aos parlamentarios populares galegos nas Cortes o seu silencio logo de que tanto un coma outros se comprometeran en máis dunha ocasión en defender a inclusión na lei de Cadea Alimentaria as emendas relativas a impedir a compra de leite por baixo dos custes de produción.

Tal e como recordou Laura Seara, o Presidente galego comprometera cos representantes das máis de 12.000 explotacións leiteiras galegas a inclusión desta garantía na lei a través das emendas que no propio congreso se tramitaron como “emendas Feijóo”. “Esperábamos que non deixaran en papel mollado este acordo asinado e avalado por Feijóo en decembro co sector”, afirma Seara. Pero “foi unha mentira máis”, dixo.

Para os socialistas, a perda de influencia de Feijóo é manifesta e semella que “está mais preocupado polo Sr. Monago, que estalle comendo as papas no PP nacional que dos problemas que ten o país”.

A deputada socialista afirmou que “Feijóo é un presidente débil e desactivado mentres non resolva os seus problemas”, en alusión á influencia das fotos nas que aparecía en compañía do narcotraficante Dorado sobre a súa credibilidade e prestixio. Considera que “esta debilidade prexudica ao país”, pois afecta á defensa dos sectores produtivos, como no caso Pescanova, de Navantia e do sector lácteo.

A ausencia do xefe do Executivo é manifesta para Seara. “Está tan desaparecido que marchou para Cuba”, engadíu.

Para a socialista está ben que Feijóo se concentre en outorgar o interese turístico a varias festas gastronómicas, dixo referíndose á actividade do Consello da Xunta, pero pregúntase onde estaba cando se aprobaba unha lei que debía recoller aspectos fundamentais para o sector leiteiro.

Os parlamentarios do PSdeG na Cortes Xerais encetan agora unha ofensiva contra este “maltrato e escándalo” mediante iniciativas dirixidas ao Goberno de España para coñecer o alcance das xestións de Feijóo co ministro Cañete, logo de “tantas declaracións solemnes”. Pedirán explicacións de por que o ministro “despreza ao sector gandeiro galego”. Recorda Seara que “chove sobre mollado entre as relacións do ministerio de Medio Ambiente con Galicia porque pasou o mesmo coa lei de Costas”.

Pablo García anunciou tamén o rexistro dunha interpelación ao Goberno para que explique a “traizón de Feijóo á confianza dos gandeiros e gandeiras, asinada de boa fe o mes de decembro”.

O portavoz de Agricultura do GP Socialista denunciou que, “con todo isto, levamos seis meses perdidos para o sector lácteo”. Recriminou ao Goberno galego que de xeito reiterado desbotaran as propostas socialistas de traballar “en paralelo” en cuestións relacionadas que podían incluso reforzar a posición galega na negociación, pero, como reprocha García, a consellería sempre remitía toda acción á aprobación da devandita lei de Cadea Alimentaria e na introdución desas emendas.

Pero para García o “máis escandaloso é que ninguén dixera nada desde o martes”, día en que se aprobou a lei. Así, continúa sen resposta do Presidente ou do Goberno galego o sector máis importante para o rural galego, o que máis emprego xera e o que máis poboación fixa no rural, que está a pasar os momentos máis difíciles da súa historia.

Por esta razón, os socialistas consideran que “se a Feijóo lle queda algo de dignidade como presidente, ten que reunirse de inmediato cos mesmos cos que asinou en decembro o acordo e dicirlles á cara que non cumpriu o pactado”, propuxo García. Debe explicar por que dicía que cando avalaba o acordo era porque tiña o compromiso do ministerio de que as emendas se aceptarían, apuntou o parlamentario. Con elo pretende despexar a dúbida sobre si o enganou o ministro Cañete, “o que di moito do responsable de Agricultura”, ou ben Feijóo, se sabía de antemán a negativa do Goberno do Estado “estaba enganando aos gandeiros”.

Pablo García denunciou que, desde o 7 de decembro, non houbo máis reunións do Presidente nin da conselleira co sector, nin co Arias Cañete, para informar da marcha do proceso. “É inadmisible que aínda a día de hoxe non estean convocadas as centrais agrarias a unha xuntanza, para dar explicacións ou para contarlles que hai un plan B”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar