A debate as ameazas de deslocalización de Frigolouro

A debate as ameazas de deslocalización de Frigolouro

A debate as ameazas de deslocalización de Frigolouro

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle hoxe ao goberno galego que lles reclame “contrapartidas” ás empresas beneficiarias de axudas públicas. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre a ameaza da empresa Frigolouro, propiedade do Grupo Coren, de abandonar o centro de Porriño no caso de que o Concello non atenda ás súas demandas.

Reclamoulle ao goberno galego que “protexa o interese colectivo” e que condicione as axudas prestadas ao actual presidente do Grupo e tamén propietario da empresa porriñesa, que a propia directora xeral de Emprego cifrou en 2,4 millóns de euros dende 2009. Losada defendeu o apoio financeiro dende o goberno galego ás empresas, pero reclamou contrapartidas en forma de calidade do emprego ou calidade medioambiental.

O parlamentario socialista dixo que “a administración non pode facer ouvidos xordos fronte á precarización laboral mentres concede subvencións necesarias”, e reclamou “coñecer a súa posición diante destas estratexias dirixidas a obter fondos públicos e ameazar coa deslocalización e o empeoramento das condicións laborais”.

Abel Losada sinalou que a empresa pretende obter “plusvalías urbanísticas satisfactorias para os seus propietarios” derivadas dunha privilexiada localización no casco histórico. A continuación atópase coa falla de chan industrial, ofrecido nos polígonos achegados a prezos “exorbitantes”, que fan moito máis rendible desprazarse a Portugal mentres o goberno galego permanece impávido.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar