A cuestión de inconstitucionalidade contra o taxazo de Sogama demostra "menosprezo á legalidade" pola Xunta

A cuestión de inconstitucionalidade contra o taxazo de Sogama demostra "menosprezo á legalidade" pola Xunta

A cuestión de inconstitucionalidade contra o taxazo de Sogama demostra "menosprezo á legalidade" pola Xunta

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que a cuestión de inconstitucionalidade plantexada polo xulgado de Ourense contra o taxazo de Sogama demostra a “prepotencia e menosprezo á legalidade” por parte da Xunta. O responsable socialista ofreceu unha rolda de prensa xunto co ex alcalde de Piñor, Francisco José Fraga Civeira, quen suscitou o auto xudicial.

Méndez Romeu anunciou que os socialistas levarán ao Parlamento galego unha batería de iniciativas a raíz do auto xudicial para esixirlle ao goberno galego que rectifique a súa política medioambiental “insostible” e a xestión de Sogama. A xestión de residuos sólidos urbanos está actualmente centrada na incineración e o soterramento, en contra das disposicións da UE, que priorizan a redución, reciclaxe e reutilización de residuos.

Criticou que o goberno galego impoña un modelo de xestión de residuos “insostible dende o punto de vista medioambiental”, que repercute os custes nos concellos e a través deles no conxunto da sociedade independentemente de que sexan enterrados ou incinerados. A xestión do goberno galego provoca que hoxe, de un millón de fogares, só realizan compostaxe 1.500.

Competencias pisoteadas

Ademais, os socialistas galegos reclámanlle a Feijóo que “rectifique a forma de tratar aos concellos”. A Xunta, dixo, “pisoteou” as competencias locais para impoñer unilateralmente un incremento do 35 por cento no canon de Sogama a través dos orzamentos, impedindo o recurso á xustiza polas entidades locais, en contra da Constitución, o Estatuto e a Lei de Contratos, tal e como confirma agora o xulgado de Ourense.

Resumiu que “o goberno galego ten que rectificar e asumir no futuro unha xestión de residuos sólidos urbanos acorde coas directrices marcadas pola UE e a partir do diálogo cos concellos, establecendo ademais custes razoables e non desproporcionados”.

O ex alcalde de Piñor, Francisco José Fraga Civeira, explicou que o seu goberno negouse dende o comezo a pagar a suba do canon de Sogama polas dúbidas sobre a súa constitucionalidade que ven de confirmar o xulgado ourensán. Sinalou que foi a propia Sogama quen denunciou ao Concello, e a súa resposta propiciou que o xulgado iniciara a cuestión de inconstitucionalidade.

O Concello de Piñor abonou en todo momento “o estipulado no contrato”, unha decisión que agora se confirma como correcta, mentres o goberno galego os acusaba de “insubmisos e insolidarios” e os trataba “como delincuentes” cando “o único que facíamos era defender aos nosos veciños”.

Concello pioneiro

A súa xestión á fronte do Concello, dixo, demostrou outra forma de xestionar os residuos a través dun programa pioneiro de compostaxe doméstico que permitiu reducir a produción de lixo dende 343.000 a 250.000 quilogramos anuais. Grazas a que a metade dos veciños fan compostaxe doméstico, reduciuse a cantidade de residuos e polo tanto o recibo que ten que pagar o Concello e tódolos veciños e veciñas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar