A CRTVG quere exercer de xuíz para decidir qué mensaxes políticas se dan e cales non

A CRTVG quere exercer de xuíz para decidir qué mensaxes políticas se dan e cales non

A CRTVG quere exercer de xuíz para decidir qué mensaxes políticas se dan e cales non

crtvgA deputada socialista Marisol Soneira acusou hoxe aos responsables da CRTVG de exercer de “xuíces políticos que deciden qué mensaxes se transmiten e cales non”. Así o dixo no debate dunha pregunta socialista sobre o tratamento informativo á Operación Zeta que tivo lugar hoxe na Comisión de Control da CRTVG do Parlamento.

Soneira sinalou que a dirección de informativos actúa con “criterios sectarios e políticos” e sitúa ao ente “ao servizo do PP e do goberno e non dunha compañía pública que polos seus estatutos debe estar ao servizo da cidadanía”. Denunciou a “pura manipulación” que fai retroceder “décadas” a calidade informativa e, puntualizou, “hai que retrotraerse a un período bastante escuro para atopar un nivel semellante de manipulación”.

A deputada socialista advertiu que a Operación Zeta, que analiza o desvío de fondos de cursos de formación, foi tratada pola TVG “ata que se constatou que estaban implicados políticamente o presidente da Xunta polas súas amizades perigosas cos conseguidores da trama, o PP por financiamento irregular e a propia conselleira de Traballo”.

A partir de aí, engadiu, o asunto practicamente desapareceu da escaleta dos informativos ata o punto de que cando en Galicia víamos cómo a trama tiña en nómina a un amigo persoal do presidente da Xunta que podía estar utilizando esta relación para obter beneficio, a televisión pública puña o acento en que 150 militantes pedían a dimisión de Tomás Gómez na Federación Socialistas Madrileña.

Como exemplo deste tratamento, dixo, a información relativa á Operación Zeta ocupaba 23 segundos, as declaracións de Baltar sobre o financiamento irregular do PP de Ourense, 55 segundos, e un rexistro da Deputación de Lugo por unha actuación dos funcionarios sumaba a friolera de 103 minutos na programación da TVG.

Audiencia

A deputada María Quintas presentou tamén unha pregunta oral na que sinalou que este criterio informativo e o “enorme sesgo” a favor do PP, que utiliza a TVG como “unha televisión de partido” a cosa da calidade, provoca unha drástica perda de credibilidade que se transmite directamente á perda de audiencia. Por primeira vez, sinalou, a cota de pantalla da TVG ten baixado do 10 por cento.

Quintas lembrou que a CRTVG, como ente público, pertence a “tódolos galegos e galegas”, e esixiu un xiro na súa xestión ata acadar un medio “innovador, atractivo, de oferta diferenciada e de información plural” para paliar a “perda absoluta de innovación e diferenciación competitiva”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar