A CRTVG ofrece información "sesgada e cómplice coas directrices de Feijóo"

A CRTVG ofrece información "sesgada e cómplice coas directrices de Feijóo"

A CRTVG ofrece información "sesgada e cómplice coas directrices de Feijóo"

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, María Quintas, acusou ao director da CRTVG de ofrecer “información sesgada e cómplice coas directrices” marcadas polo gabinete do presidente da Xunta con relación aos casos de corrupción do PP e do goberno galego. Así o dixo na comparecencia do responsable do ente na Comisión de Orzamentos do Parlamento.

Quintas explicou que os medios públicos de comunicación non teñen rubor á hora de silenciar ou ofrecer “debidamente maquilladas” as informacións sobre os casos de corrupción que afectan directamente ao entorno do presidente da Xunta ou ao seu partido. Censurou así que a TVG non se teña pronunciado sobre a suposta implicación das amizades persoais de Feijóo como “abreportas” investigados polo xulgado.

Dixo que o control marcado polo presidente da Xunta a este ente o ten convertido nun “medio decadente ao servizo do goberno”, que “nin informa, nin entretén nin é competitivo”.

Volveu “aos peores tempos da manipulación informativa” ocupando un posto “ao servizo exclusivo dos intereses do PP”, que non demostra ningún interese en cumprir coa Lei dos Medios Públicos de Comunicación, aprobada a finais de 2011. Demóstrase mais interesado, engadiu, en “deixala morrer pouco a pouco para xustificar a súa privatización ou reducila á mínima expresión”.

O resultado desta manipulación e a constante perda de calidade na súa programación ten provocado a caída da audiencia dende o 15,5 por cento acadado en 2008 a tan só o 10 por cento hoxe. Mentres diminúen os seus ingresos por publicidade, reducen a produción propia e encetan un ERE encuberto deixando sen cubrir as xubilacións de persoal e reducindo as contratacións.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar