A CRTVG manipula a información sobre a denuncia das vítimas de hepatite C

A CRTVG manipula a información sobre a denuncia das vítimas de hepatite C

A CRTVG manipula a información sobre a denuncia das vítimas de hepatite C

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe a “manipulación” da CRTVG do proceso xudicial aberto contra o goberno galego por paralizar a prestación de fármacos a enfermos de hepatite C que finalmente faleceron. A deputada socialista presentou unha pregunta na Comisión da CRTVG na que acusaron ao ente de ofrecer “información oficialista e interesada”.

Acuña criticou a estratexia de tapar a información ou no mellor dos casos presentala de forma sesgada para beneficiar electoralmente ao goberno galego boicoteando ás vítimas e á plataforma que as representa nestas denuncias, o colectivo médico Batas Brancas.

Acusou ao director xeral da CRTVG de impoñer un manto de silencio sobre esta situación que considera “grave” e que lle fai “dano” ao goberno e que, dixo, resulta “importante para decidir o sentido do voto”.

A deputada socialista lembra que mentres todos os medios nacionais deron conta da información o pasado 18 de abril, a televisión e a radio públicas de Galicia tan só ofreceron a versión do PP e do goberno galego, ata a súa intervención en rolda de prensa o 21 de abril. Daquela si que saíron pero “convenientemente rodeados da intervención do vicepresidente da Xunta e do xerente do Sergas”.

Dende aquel momento, sinalou, tanto a Plataforma como as familias dos doentes foron suprimidos da grella da CRTVG coincidindo coa época electoral, e lamentou que unha información fundamental para entender as consecuencias dos recortes aplicados polo PP á sanidade sexa de interese para a televisión pública estatal pero non para a autonómica.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar