A CRTVG está obrigada a elaborar un código de de boas prácticas para erradicar a discriminación por identidade sexual e de xénero

A CRTVG está obrigada a elaborar un código de de boas prácticas para erradicar a discriminación por identidade sexual e de xénero

A CRTVG está obrigada a elaborar un código de de boas prácticas para erradicar a discriminación por identidade sexual e de xénero

Carmen Gallego demanda o cumprimento da Lei pola igualdade de trato e non discriminación de LGTBI en Galicia.

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, reclamoulle ao director xeral da CRTVG un código de boas prácticas para erradicar toda forma de discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero. Gallego presentou unha pregunta oral sobre o cumprimento polo ente público da Lei pola igualdade de trato e non discriminación de LGTBI en Galicia.

Carmen Gallego reclamou “que na grella da TVG sexa normal o que é a vida real, que se reflicta o que se ve na rúa” sobre a realidade das relacións afectivas e familiares dos galegos e galegas. A responsable socialista demandou “pasos adiante” no cumprimento efectivo desta Lei, aprobada polo Parlamento de Galicia a iniciativa dos socialistas de Galicia hai seis meses.

Solicitou así “normalizar e visibilizar” esta realidade no ente público, tanto a nivel de series de produción propia como nos programas de entretemento e mesmo que nos programas de debate, “si é que os hai”, se inclúan “os puntos de vista e as perspectivas de todo tipo de persoas independentemente da súa orientación sexual”.

Gallego censurou que o director xeral da CRTVG “veña aquí a facer un discurso triunfalista” en base a “facerlle unha entrevista ao coordinador do grupo LGTBI Sete Cores no momento da aprobación da Lei, ou de que nun programa de entretemento inclúan un concursante homosexual”.

Reclamou “autocrítica e realismo” e presentar os plans de actuación previstos polo ente “tendo en conta que se trata dunha Lei nova e coñecendo a dificultade de poñer en marcha as novas normativas”.

Lembrou que a Lei establece, ademais da autorregulación a través do citado código de boas prácticas, o uso non sexista da linguaxe e das imaxes, así como a posta en marcha de campañas dirixidas a visibilizar a necesidade de participación de persoas de tódalas orientacións sexuais e de diversas identidades de xénero, así como a promoción de “imaxes igualitarias e non estereotipadas da sociedade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar