A CRTVG desinforma sobre a crise do ébola

A CRTVG desinforma sobre a crise do ébola

A CRTVG desinforma sobre a crise do ébola

crtvgCarmen Acuña sinala que a CRTVG ofrece información non imparcial, manipula a mensaxe e ofrece un “escaparate” para o “triunfalismo imperdoable do goberno” mentres silencia as críticas.

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou á CRTVG de seguir unha “estratexia de desinformación” con relación á crise do ébola para salvar a imaxe dos gobernos do PP. A deputada socialista presentou unha pregunta na Comisión da CRTVG na que acusou ao ente de silenciar á oposición e aos profesionais mentres seguen “estritamente” os argumentarios do PP.

Acuña lamentou a información vertida nos informativos que presentan detrás do reportero, e mentres ensalzan a eficaz xestión do Goberno, un traxe de protección no que se ve o flequillo e a fronte do usuario. Criticou a “manipulación descarada” da TVG cando o pasado 12 de outubro unha reportaxe sobre o ébola utilizaba o ente publico como un “escaparate no que tan só se pode ver á ministra e,o Sr Rajoy e a conselleira lembrando o ben que o están a facer”.

Mentres, dan pábulo a tódalas actuacións do goberno partindo da culpabilización da vítima e xustifican todas e cada unha das decisións do goberno, dende sacrificio da mascota da sanitaria infectada ata a reforma dos protocolos. Os medios públicos, dixo, son utilizados descaradamente para amosar a Feijóo xustificando ao conselleiro de Sanidade de Madrid mentres silencian á oposición.

Nin sequera tiveron espazo, dixo, os profesionais sanitarios que están amosando as súas protestas contra os dispositivos supostamente postos en marcha polo goberno, xa que “a día de hoxe aínda non vimos a situación real do Hospital do Meixoeiro, sinalado como centro de referencia polo goberno galego malia carecer de medios.

A manipulación, dixo, chegou ao extremo de que o propio alcalde de Becerreá foi silenciado cando se negou a obedecer as directrices do ente público, que o chamou “para tranquilizar á poboación”. Diante da negativa deste representante político a seguir o ditado do medio público e logo de coñecer a súa intención de trasladar a inquedanza da poboación pola presenza na localidade da sanitaria infectada, este foi vetado pola CRTVG.

Tormenta perfecta

Acuña acusou ao responsable da CRTVG de contribuír á “tormenta perfecta” ao seguir o ditado do goberno e do PP intentando de novo manipular á opinión pública nun momento de crise, o que está a “provocar confusión, preocupación e sobre todo medo” na cidadanía.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar