A CRTVG censura aos veciños de Lugo na súa defensa polo servizo de Hemodinámica 24 horas

A CRTVG censura aos veciños de Lugo na súa defensa polo servizo de Hemodinámica 24 horas

A CRTVG censura aos veciños de Lugo na súa defensa polo servizo de Hemodinámica 24 horas

A deputada socialista Concepción Burgo acusou hoxe á CRTVG de “censurar aos veciños de Lugo” e intentar “acalar a súa voz” na reclamación do servizo de Hemodinámica 24 horas en Lugo. Así o dixo nunha pregunta oral na Comisión de Control da CRTVG na que denunciou a “manipulación informativa” do ente para agochar a negativa do PP á proposta da Deputación de Lugo de financiar o servizo.

Burgo considera “intolerable” que un medio de comunicación público faga “esforzos denodados” por censurar a voz “unánime” dos veciños de Lugo a favor dun servizo sanitario fundamental. Criticou a “estratexia da TVG por impedir que os cidadáns de Lugo carezan de información veraz sobre o problema e das reiteradas negativas do PP a poñer en marcha o servizo a pesares de que non lles custaría nada”.

Lembrou neste sentido a presentación da proposta da Deputación de financiar o servizo, na que compareceu o seu presidente, José Ramón Gómez Besteiro, e o representante da Federación de Veciños, Jesús Vázquez. O que reproduciu a TVG foi unha información terxiversada e descontextualizada das palabras de Besteiro “para que non se comprenda o problema” seguida da réplica “tratada xenerosamente” do presidente da Xunta.

Ademais advertiu dos “esforzos desesperados” da TVG por agochar o voto en contra do PP á moción da Deputación para financiar hemodinámica 24 horas, que lonxe diso preséntase como “garantes de que haberá hemodinámica en Lugo”.
crtvg

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar