A crise de Volkswagen pode provocar perdas de 1.100 millóns anuais na industria auxiliar galega

A crise de Volkswagen pode provocar perdas de 1.100 millóns anuais na industria auxiliar galega

A crise de Volkswagen pode provocar perdas de 1.100 millóns anuais na industria auxiliar galega

automóbilO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe que a crise de Volkswagen pode poñer en perigo un volume de negocio de ata 1.100 millóns de euros ao ano na industria auxiliar do automóbil galega. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Industria do Parlamento, na que criticou o desleixo do goberno galego diante desta crise.

Losada criticou o desinterese da Xunta, sen liñas de apoio específico ou mesmo de calquera contacto co sector para apoialo nunha das peores crises que afectan ao terceiro cliente en Galicia, logo de Citröen e Renault – Nissan. Sinalou que a industria auxiliar galega verase indefectiblemente afectada por unha situación, o dieselgate, que se saldará a priori con importantes recortes en tódalas liñas de produción da empresa alemana.

O responsable socialista urxiu ao goberno galego a manter encontros coas empresas provedoras apra abordar a situación concreta deste cliente e anticiparse á posibilidade de que haxa máis marcas afectadas pola trucaxe dos motores. Losada coincidiu co sector en definir as “sinais de alarma obxectivas” para a industria automobilística galega.

Criticou que o goberno galego estea “máis preocupado de pagarlle 200.000 euros a KPMG apra explorar vías de internacioanlización e expansión exterior da economía galega mentres o subdirector xeral encargado do asunto vaise a Madrid a dar clase nunha universidade privada”.

Abel Losada ironizou con que “a Consellería de Industria terá algo máis que dicir sobre esta situación que volver a falar de Industria 4.0 nun país no que a banda larga é un soño”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar