A Costa da Morte "non existe" nos orzamentos de 2016

A Costa da Morte "non existe" nos orzamentos de 2016

A deputada socialista Marisol Soneira denunciou hoxe que a Costa da Morte “non existe” nos Orzamentos da Xunta para 2016. Explica que “agás os compromisos plurianuais da media – autovía, practicamente non hai investimentos nominativos en infraestruturas ou servizos específicos para o territorio”.

A deputada de Camariñas sinala que Feijóo “esquece a variante de Carballo, o saneamento de moitos lugares do territorio, o acceso ao Porto de Brens ou a continuación da autovía”. Lamenta que o goberno “dea por sentado que a Costa da Morte teña colmadas as súas necesidades en materia educativa e sanitaria”, mentres servizos públicos como o transporte “non merecen unha pinga de atención”.

Sinala que “se estes orzamentos reflicten o ben que vai a economía, de acordo co goberno do PP, será que a Costa da Morte non merece recoller os froitos da suposta bonanza económica”, ironizou.

Concluíu que “salvo modestos investimentos moi puntuais, a Costa da Morte é a gran esquecida de Feijóo, nunca na historia da autonomía os concellos da comarca estiveron tan ausentes nas contas da Xunta de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar