A consulta á militancia é un éxito dos afiliados que garante o voto directo, secreto e en urna para escoller ao secretario xeral do PSdeG

O viceportavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que a consulta á militancia para escoller ao secretario xeral do PSdeG-PSOE constitúe un “paso adiante” para toda a organización, “un éxito”que cabe atribuír fundamentalmente aos afiliados, “que veñen amosando unha posición clara” de maior implicación na elección directa do Secretario Xeral e “marcará un camiño” para todas as federacións socialistas en España, que Méndez cualificou de “irreversible”.

Salientou que a opción escollida tras a reunión de Pachi Vázquez con Alfredo Pérez Rubalcaba garante que o mesmo día da votación, o vindeiro 1 de xuño, vaise saber quen vai dirixir nos seguintes anos ao Partido Socialista en Galicia. A partires de aí ábrese un proceso para un congreso que renovará a dirección e adoptará as decisións de estratexia política.

Méndez Romeu salientou que hoxe os socialistas galegos estaban a recibir os parabéns doutras federacións socialistas do Estado, “sumamente interesadas en procedementos semellantes”. Considera que se da “un paso adiante para resolver un dos problemas que todas as enquisas de opinión miden en España: o progresivo distanciamento dos cidadáns con respecto ás estruturas dos partidos políticos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar