Condicións de traballo brutais e política inhumana na Consellería de Traballo e Benestar

Condicións de traballo brutais e política inhumana na Consellería de Traballo e Benestar

Condicións de traballo brutais e política inhumana na Consellería de Traballo e Benestar

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou á conselleira de Traballo e Benestar de impoñer unhas “condicións de traballo brutais” para o persoal que atende os servizos sociais e desenvolver unha “política inhumana que prioriza o custe económico en vez de as persoas e a atención de calidade”.

Gallego presentou unha interpelación sobre a política de persoal na xestión pública dos centros dependentes da Consellería de Traballo, na que acusou ao goberno galego de provocar o deterioro dos servizos públicos a base de recortar persoal e recursos materiais para impoñer “copagos e privatizacións”. A estratexia pasa por provocar a “falla de persoal e medios e deterioro das instalacións”, reducindo a calidade da atención aos usuarios.

Por unha banda, o persoal vese obrigado a traballar dous de cada tres fins de semana, oito de cada nove días laborais ou sumando tres noites consecutivas, xerando “unha carga insoportable” provocando o deterioro da saúde dos traballadores e traballadoras e a menor calidade da atención aos usuarios dos centros.

Estes padecen “falla de comida, roupa de camas, luvas, cueiros, esponxas, cintos, cremas hidratantes, as grúas e camas non son axeitadas ou hai que movelas con manivela, falla de mantemento e reposición de camillas, tensiómetros, aspiradores de mucosidades, cadeiras de ducha, bañeiras xeriátricas, e mesmo hai colchonetas de ximnasio ou camastros habilitados para o descanso dos usuarios”, relatou.

E mentres o persoal e os usuarios padecen o estrangulamento do presuposto procedente do goberno, os centros chegan a un nivel de deterioro que os sitúa fóra da normativa, o que “é pasado por alto porque os técnicos de inspección xa nin aparecen”. Gallego acusou á conselleira de limitalo a “un problema puntual de dous ou tres centros”, cando os comités de empresa da Consellería nas catro provincias a desminten.

A deputada socialista lembrou que a xustiza tamén está a dar a razón aos profesionais a través de sucesivas sentenzas xudiciais do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 09 de outubro de 2012, 14 de marzo de 2014 ou 24 de febreiro de 2015. Tamén a xustiza evidencia que a Consellería incumpre o dereito de descanso semanal e declara nula e ilegal a carteleira para os anos 2013 e 2014.

Son as conclusións da xestión dunha conselleira que preferiu suprimir 800 postos de traballo ocupados por acumulación de tarefas e amortizou definitivamente outros 700, e que recortou 535 millóns de euros dende o ano 2009 mentres incrementaba “de maneira brutal” os copagos ás persoas usuarias e aos concellos.

Falla de respecto

A responsable socialista esixiulle unha rectificación á conselleira “destas políticas reaccionarias que están faltándolle ao respecto e á dignidade que lle debemos como sociedade ás persoas maiores e ás persoas dependentes” e abandonar a “volta á caridade e á beneficencia”.

Requiriu o compromiso do goberno galego para a reposición das prazas públicas eliminadas nestes anos, investimento na modernización nestes centros e actuacións da inspección.

A consecuencia destes recortes é que Galicia ten reducido tódalas ratios comparativas á metade da media do estado. Así, mentres a atención residencial a persoas con discapacidade está no Estado nunha praza por cada 52 persoas, en Galicia pasou de unha por cada 59 persoas en 2009 a unha por cada 73 en 2013.

O mesmo sucede na atención diurna e ocupacional a persoas con discapacidade -1 praza por 58 persoas en Galicia fronte a unha por cada 30 no Estado-, nas prazas residenciais en persoas maiores de 65 anos -2,8 prazas por cada 100 persoas en Galicia e 4,3 na media estatal-, ou ás prazas públicas -0,6 por cada 100 en Galicia e 1,15 na media do Estado-.

Ademais, tódolos centros abertos dende que goberna Feijóo teñen xestión privada agás tres –Sada, Cerceda e Muros-, das 58 escolas infantís abertas tan só 4 foron planificadas polo goberno galego, e dos 38 centros de día, residenciais e de discapacidade abertos tan só 1 foi planificado polo actual goberno do PP.

Só nesta ultima lexislatura, lembrou Gallego, das 28 adxudicacións feitas para a xestión de centros, 18 foron para empresas privadas e 10 para entidades de iniciativa social, ningunha para xestión pública.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar