A consellería de Economía e Turismo debe asumir un cambio de rumbo e abandonar liñas de acción fracasadas

A consellería de Economía e Turismo debe asumir un cambio de rumbo e abandonar liñas de acción fracasadas

A consellería de Economía e Turismo debe asumir un cambio de rumbo e abandonar liñas de acción fracasadas

O portavoz de Industria, Turismo e Minas do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, esixiulle hoxe ao novo conselleiro de Economía e Industria da Xunta un “cambio de rumbo” completo con relación á xestión “fracasada” da pasada lexislatura. Reclamou a comparecencia do novo titular deste departamento para dar conta das súas liñas de acción nesta lexislatura.

O responsable socialista considera que o cambio de titular neste departamento está “sobradamente xustificado” polo balance do anterior conselleiro, pero considera un “lapsus lingüe” que Francisco Conde anuncie unha política “continuísta” coa da pasada lexislatura. Sinala que a industria galega “precisa que a Xunta baixe á realidade, abandone as liñas fracasadas e comece unha nova etapa”.

Lembrou que o sector sufre hoxe a parálise da pasada lexislatura, co freo ás plantas de biomasa, así como os parques eólicos, o concurso de preasignación, as primas ás renovables ou as minicentrais eólicas. Ademais, sinalou que Galicia carece de iniciativas para o sector enerxético, e que, malia aos anuncios de Feijóo, o naval pechará o ano sen contratación nin carga de traballo en firme.

Criticou tamén a política de microaxudas emprendida polo Igape, que en outubro aprobou 612 axudas, das que 562 corresponden aos gastos de financiamento e xestión dos produtores de uva. O 19 por cento destas sitúanse por debaixo dos 100 euros, mentres teñen aprobado axudas de 1,26, 2,54 ou 2,66 euros.

Méndez Romeu advertiu que o desenvolvemento económico dificilmente poderase impulsar con este nivel de axudas, mentres o Plan Ferrol recibe 3 axudas a outras tantas empresas de só 3.000 euros, ou das 17 microempresas con axudas aprobadas, 12 sitúanse por debaixo daquela cantidade. Criticou que mentres tanto o Igape teña concedido sen publicidade 18 millóns á Confederación de Empresarios para a xestión da acción exterior do ente.

Turismo

O responsable socialista presentou hoxe diversas iniciativas parlamentarias nas que critica o fracaso do impulso ao turismo galego dende a Xunta, que hoxe sitúase a niveis do ano 2003, malia que o sector aguanta a crise no resto do Estado. Dixo que Galicia situouse entre 10 e 20 puntos por debaixo das comunidades autónomas mais próximas nos meses de xullo e agosto.

O responsable socialista ironizou co feito de que a Xunta “acadou o obxectivo da campaña Gárdasme o segredo ao facer de Galicia un destino turístico segredo e totalmente irrelevante”. Criticou que o presidente da Xunta eluda dar conta no Parlamento a difícil situación deste sector, mentres os hoteis galegos rexistran o menor nivel de ingresos, con 32 euros por habitación fronte aos 60 de media estatal.

Lembrou ademais que, con excepción do ano Xacobeo, o turismo galego perdeu demanda constantemente nos anos 2009, 10 e 12, perdendo 62.000 postos de traballo e perdendo o 30 por cento dos visitantes estranxeiros. Criticou a manifesta descoordinación e falla de profesionalidade na xestión turística do goberno galego, que se reparte entre as competencias propias do presidente da Xunta, Turgalicia e a secretaría xeral de Turismo.

Paradores

Finalmente, presentou unha serie de iniciativas sobre a “situación crítica” de Paradores de Turismo, que sufrirá en Galicia o 18 por cento dos peches anunciados para todo o territorio nacional. Méndez Romeu advertiu que Galicia perderá os Paradores de Ferrol e Verín, dous dun total de 7 peches en toda España, “sen que teñamos coñecemento dos datos que xustifiquen esta decisión”.

O responsable socialista sinala que este peche a perda de empregos na empresa pública “deixa aos demais gravemente tocados”, e reclamoulle ao presidente da Xunta que explique si coñecía e avalou a decisión de Paradores. Apunta que “non é comprensible que o presidente da Xunta non tivera coñecemento pleno desta situación”, xa que as competencias de turismo dependen persoalmente del.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar