A conselleira de Sanidade ten que "marchar para casa" por "destrozar a sanidade pública"

A conselleira de Sanidade ten que "marchar para casa" por "destrozar a sanidade pública"

A conselleira de Sanidade ten que "marchar para casa" por "destrozar a sanidade pública"

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamoulle hoxe á conselleira de Sanidade que “marche para casa” por “desmantelar o Estado do benestar e a igualdade, destruíndo a sanidade pública para potenciar á privada”. Así o dixo na comparecencia da conselleira no Pleno do Parlamento para presentar o Plan de prioridades sanitarias.

 

Acuña recomendoulle ademais que “non marche soa, colla cunha man á ministra Ana Mato e coa outra ao señor Feijóo, o ideólogo” do desmantelamento da sanidade pública. Criticou así as “mentiras e gran descaro” empregado pola conselleira de Sanidade ao informar da situación da sanidade pública revelando “falta de respecto do goberno e o PP por esta Cámara, polo pobo galego e pola democracia”.

 

Criticou que “a estratexia do PP está clara, desmantelar o sistema público de saúde servíndose da maioría no goberno do Estado e no goberno autonómico e utilizando a crise económica non como causa senón como desculpa” para “favorecer ás empresas amigas”. Por iso, dixo, recortaron en sanidade mais de 6.000 millóns de euros en todo o Estado mentres lles deron aos bancos mais de 100.000 millóns entre préstamos e avais.

 

Engadiu que en Galicia “nos menten e negan os recortes cando os orzamentos sanitarios pasaron de medrar un 7,4 e un 4,1 por cento en 2008 e 2009, respectivamente, a reducirse un 0,6, en 2010 e un 4,6 tanto en 2011 como e 2012”. Engadiu que a atención especializada leva perdido entre 2009 e 2012 mais de 20 millóns de euros, mentres reducen 118 millóns en atención primaria, mentres a concertada medra 3 millóns.

 

Incumprimentos

 

A responsable socialista acusou á conselleira de Sanidade de ter incumprido o seu compromiso de modernizar as infraestruturas sanitarias, incluíndo os 63 centros de saúde prometidos ou o hospital privado de Vigo, agora financiado con diñeiro público, o novo hospital de Pontevedra, os tres novos centros de alta resolución, o Plan Director do Hospital de Ourense e a ampliación do Hospital da Coruña.

 

Preguntou “onde quedou a renovación tecnolóxica comprometida, cando un día si e outro tamén os enfermos oncolóxicos da provincia de Pontevedra se volven a casa sen a sesión de radioterapia por ter o aparato estropeado”. Mentres, na espera sanitaria “lograron vostedes igualdade: agora esperan todos, ata os graves”.

 

Mentres, dixo, tamén incumpriu o seu compromiso coa posta en funcionamento das salas de hemodinámica as 24 horas nos hospitais de terceiro nivel, os diabéticos “agora nin sequera teñen agullas adecuadas para poñerse a insulina” e empeora a atención á depresión mentres “coa crise estanse disparando os suicidios”.

 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar