A conselleira de Sanidade debe explicar no Parlamento o peche masivo de camas hospitalarias no verán

A conselleira de Sanidade debe explicar no Parlamento o peche masivo de camas hospitalarias no verán

A conselleira de Sanidade debe explicar no Parlamento o peche masivo de camas hospitalarias no verán

DependenciaA portavoz de sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, anunciou que presentará a solicitude de comparecencia da conselleira de Sanidade para que dea conta no Parlamento das súas previsións de peche de camas hospitalarias nos meses de verán. Acuña considera “temerario” que a Consellería prevea pechar mais de un millar de camas logo dos casos de saturación rexistrados no inverno.

A responsable socialista considera “unha burla” que a conselleira considere “necesario” pechar camas cando “estamos a falar de superar amplamente o milleiro de camas”, o que en realidade anticipa o colapso dos servizos sanitarios. Sinalou que “os profesionais sanitarios teñen dereito a vacacións e as infraestrutura teñen que ser melloradas, pero iso non pode ir en contra do dereito á atención sanitaria de calidade da cidadanía”.

Explicou que “quen ten a obriga de cubrir as vacantes e de prever a atención sanitaria é precisamente o goberno galego”, que polo contrario está situando á sanidade pública nunha posición “crítica” pola súa “teima de desmantelar o Estado do Benestar para abrir a porta á privatización dos servizos públicos”.

Reclamou que “abandone a xestión estatística da sanidade pública” recorrendo ao “truco contable” de ofrecer unha media que supera as 1.000 camas “cando despois nos atopamos con que en agosto non hai médicos nin capacidade de ingreso de novos doentes, por moito que sexa compensado estatisticamente coa reapertura de setembro”.

Valedor do Pobo

Acuña tomou como argumento o último informe presentado polo Valedor do Pobo, que alertou fronte aos efectos prexudiciais da austeridade na sanidade pública, que provoca a saturación dos centros polos insuficientes investimentos ordenados polo goberno galego.

Explicou que “o propio Alto Comisionado conclúe, tal e como viñamos advertindo os socialistas, que a mala organización do sistema deriva pacientes de Atención Primaria ou especializada a Urxencias, provocando o colapso do servizo”.

A representante socialista esíxelle á conselleira que dea unha explicación pormenorizada diante da Cámara autonómica das súas previsións para o próximo verán por datas e centros hospitalarios.

Carmen Acuña instoulle á Xunta a ter “apertura de miras” para “observar o que ve toda a cidadanía, que a calidade cada día deteriórase mais, suprímense servizos e prestacións, impóñense copagos, proliferan as protestas polas privatizacións e o malestar vai en aumento entre unha cidadanía que non se sinte mellor atendida, senón mais ben todo o contrario”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar