A conselleira de Sanidade debe dar conta no Parlamento dunhas listas de espera "catastróficas, falsas e trampeadas"

A conselleira de Sanidade debe dar conta no Parlamento dunhas listas de espera "catastróficas, falsas e trampeadas"

A conselleira de Sanidade debe dar conta no Parlamento dunhas listas de espera "catastróficas, falsas e trampeadas"

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamou hoxe a comparecencia da conselleira de Sanidade para dar conta dunhas listas de espera “catastróficas, falsas e trampeadas”. Así o dixo logo da publicación esta semana das esperas na sanidade pública, e reclamoulle a Feijóo que “deixe de mentir coa sanidade como coas imaxes co seu amigo narcotraficante ou cos floteis de Pemex”.

Acuña criticou que o goberno galego teña anunciado unha Lei de tempos máximos de espera “cando a realidade é que incumpren flagrantemente a lei” que garante unha espera de menos de 3 meses. Dixo que a Xunta segue o exemplo da comunidade de Madrid e “tira a toalla” creando uns criterios propios –as denominadas “prioridades”- mentres segue ocultando á opinión pública a lista non estrutural.

A responsable socialista explicou que as esperas en Galicia resultan “catastróficas” porque “medran en tódolos hospitais e todas as especialidades, incluso para os doentes mais graves”. A situación chega ao punto de que “fai tambalear a estratexia de Feijóo” de crear a “milonga da prioridade 1” pola que creou unha lista de espera alternativa de doentes mais graves para agochar a realidade da sanidade pública galega.

Falsas e trampeadas

Acuña sinalou que engadiu que son “falsas” po canto “non teñen nada que ver coa realidade” dunhas esperas que chegan a superar o ano, xa que a Xunta “só publica a metade da lista, agochando en torno ao 40 ou 50 por cento dos doentes”. Ademais están “trampeadas” xa que “baleiran artificialmente as listas” devolvendo aos doentes das especialidades a atención primaria e mesmo derivándoos aos hospitais comarcais.

Citou o caso da especialidade de xinecoloxía, que reduciuse á metade dando de alta aos doentes de consulta especializada para volver a ingresalos en primaria, tal e como fixeron co servizo de cardioloxía. Ademais denunciou o caso de Ourense, que deriva aos doentes dende o Hospital provincial aos de Valdeorras ou Verín, obrigándoos a “volver empezar a espera dende cero”.

A conclusión é unha “redución ficticia das listas de espera” mentres incumpren o real decreto 605/03 que homoxeneiza os criterios de medición das esperas, ou o real decreto 1039/11, que obriga a contabilizar os doentes independentemente de que estean nas listas de espera estruturais ou non estruturais. Lamentou que “o PP utiliza a cohesión para recortar, pero para garantir dereitos non lles serve”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar