A conselleira de Medio Rural alardea de irresponsabilidade ao debilitar ao sector leiteiro fronte á desaparición das cotas

A conselleira de Medio Rural alardea de irresponsabilidade ao debilitar ao sector leiteiro fronte á desaparición das cotas

A conselleira de Medio Rural alardea de irresponsabilidade ao debilitar ao sector leiteiro fronte á desaparición das cotas

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, cualificou hoxe de “irresponsable” á conselleira de Medio Rural por ter debilitado ao sector leiteiro fronte á desaparición do sistema de cotas lácteas no mes de abril. García preguntoulle hoxe á conselleira, na sesión de control do Parlamento, pola redución de produción de leite a instancias do goberno galego.

García sinalou que o goberno galego realizou unha xestión “que se pode definir de calquera maneira menos responsable” ao alertar do perigo de supertaxa aos gandeiros, aos que obrigou a reducir produción, sacrificar reses e mesmo alugar taxa para “quitarlle un lío de enriba ao goberno”. Este amedrentou aos produtores cunha multa por sobreprodución de 300.000 toneladas cando a realidade é que non superará as 16.000.

Sen embargo, advertiu, o problema real chegará cando remate o sistema de cotas e os gandeiros galegos teñan que comezar a competir cos prezos mais baixos de Europa, con menos produción e explotacións mais pequenas e polo tanto menos competitividade. Lembroulle á conselleira que “vostede está para resolver o problema do sector, non o seu”.

Pablo García sinalou que o desleixo da Xunta á hora de poñer en marcha o paquete lácteo e as modificacións ao decreto que o regula está a facer realidade as peores previsións para o sector que os socialistas galegos advertiron dende o mes de outubro.

Hoxe hai produtores obrigados a asinar contratos co leite xa recollido a tan só 25 céntimos o litro e de tan só un mes de duración, e explotacións que teñen que vender a súa produción a dous prezos diferentes. Estes produtores atópanse en mans dunha industria que non dubida en facer retencións ilegais de produto e esixir avais bancarios que teñen que ser sufragados polos propios produtores.

Advertiu tamén que o retraso dos gobernos central e autonómico farán que o decreto que regula o paquete lácteo “non teña servido para nada” logo de ser aprobado con importantes eivas esquecendo as recomendacións da UE. Este decreto continúa sen regular a figura do mediador entre produtores e empresa, non garante a recollida do leite en prazo nin que os contratos teñan unha duración mínima dun ano.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar