A conselleira de Medio Ambiente constata que ela e o vicepresidente Rueda mentiron no último Pleno do Parlamento

A conselleira de Medio Ambiente constata que ela e o vicepresidente Rueda mentiron no último Pleno do Parlamento

A conselleira de Medio Ambiente constata que ela e o vicepresidente Rueda mentiron no último Pleno do Parlamento

PlenoA conselleira de Medio Ambiente confirmou hoxe no Pleno do Parlamento que mentiu na pasada sesión plenaria ao insinuar que fora a súa irmá xemelga e non ela a que estivera en Sogama o mesmo día en que os socialistas presentaban unha interpelación sobre a baixa execución orzamentaria do seu departamento.

O deputado socialista Abel Losada preguntoulle directamente sobre a súa presenza en Sogama aquel mesmo día, da que quedou constancia no libro de visitas da entidade, e que foi confirmado pola propia conselleira.

Losada criticou que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, utilizara a súa intervención na interpelación á conselleira para “utilizar a provocación, o cinismo e a mentira como armas políticas” acusando aos socialistas de non respectar a situación persoal da conselleira.

O responsable socialista criticou que o vicepresidente da Xunta utilizara dita intervención para “dar leccións de moral” aos socialistas galegos cando a realidade é que “en ningún momento cuestionamos as decisións libres e persoais en relación coa vida persoal e laboral”.

Puntualizou que a interpelación fora presentada “interesándonos pola situación de parálise das obras públicas” do seu departamento que demostran unha “xestión con absoluta incompetencia” como demostra unha execución un 24 por cento inferior ao ano anterior.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar