A conselleira de Infraestruturas debe responder polo seu anuncio preelectoral de rescatar a peaxe A Coruña - Carballo

A conselleira de Infraestruturas debe responder polo seu anuncio preelectoral de rescatar a peaxe A Coruña - Carballo

A conselleira de Infraestruturas debe responder polo seu anuncio preelectoral de rescatar a peaxe A Coruña – Carballo

Audasa. AutoestradaA deputada socialista da Costa da Morte, Marisol Soneira, presentou unha batería de iniciativas parlamentarias logo das sorprendentes declaracións da conselleira de Infraestruturas, quen en pleno período preelectoral abre a posibilidade a rescatar a peaxe da autoestrada entre A Coruña e Carballo.

Soneira subliña a “sorpresa e preocupación” deste anuncio para volver á concepción orixinal desta vía de comunicación libre de peaxe por canto “estas declaracións son feitas en pleno período preelectoral, con todo o que iso significa”. Reclámalle por iso á conselleira que dea conta no Parlamento do alcance “real e postelectoral” do seu anuncio e dea conta de “para cando e cal é o importe económico do mesmo”.

Soneira esíxelle ao goberno galego que explique por qué se sitúa agora do lado de rescatar a peaxe e retornala á xestión pública logo de tela privatizado. Tamén esixe unha aclaración dos motivos para considerar que os concellos de Carballo e Arteixo “deberan participar no rescate cando se trata dunha vía de titularidade autonómica e ningún deles tivo participación na decisión de privatizala”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar