A conselleira de Facenda debe explicar o seu papel na trama da Operación Zeta

A conselleira de Facenda debe explicar o seu papel na trama da Operación Zeta

A conselleira de Facenda debe explicar o seu papel na trama da Operación Zeta

losadaO portavoz de Economía do Grupo Socialista, Abel Losada, vén de solicitar a comparecencia urxente da conselleira de Facenda e futura candidata do PP á alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, polo seu papel na trama da Operación Zeta como responsable da fiscalización das axudas da Xunta primeiro como interventora e despois como conselleira de Facenda.

Losada sinala que o propio currículo da conselleira que figura na web da Xunta salienta que, como interventora xeral, dende o ano 2009 “tivo a responsabilidade de dirixir o órgano de control interno da actividade económico – financeira de Galicia, dos seus organismos autónomos e demais entidades dependentes” realizando a fiscalización “de todos os actos con contido económico” e “o dos perceptores de subvencións públicas”.

O responsable socialista apunta que foi precisamente na súa etapa como interventora na que presuntamente engordou a trama investigada pola Operación Zeta para “defraudar millóns de euros en subvencións e adxudicacións públicas para formación e emprego”.

Losada esíxelle á actual conselleira que explique “si formaba parte do círculo de amigos” do que presume o principal imputado pola trama, o empresario Gerardo Crespo, quen xustifica a contratación do “amigo conseguidor” do presidente da Xunta, Pachi Lucas, porque, como dixo o propio Crespo “ou estás cos amigos ou non traballas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar