A comparecencia de Feijóo sobre a súa relación co narcotraficante foi "arrogante, indigna e inmoral"

A comparecencia de Feijóo sobre a súa relación co narcotraficante foi "arrogante, indigna e inmoral"

A comparecencia de Feijóo sobre a súa relación co narcotraficante foi "arrogante, indigna e inmoral"

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo que a comparecencia de Feijóo sobre as súas relacións cun coñecido narcotraficante resultou “arrogante, indigna e inmoral”. O responsable socialista cualificouna de “infamia para un país azoutado polo narcotráfico e agora insultado pola mentira” do seu presidente sobre as relacións co coñecido narcotraficante Marcial Dorado.

Losada lamentou a “arrogancia” de Feijóo ao comparecer “como avogado defensor dun narcotraficante” e a “indignidade” en termos de cultura e calidade democrática porque, puntualizou, “compareceu onte ante toda Galicia e non ante a oposición”.

Tamén criticou a “inmoralidade” dun presidente da Xunta que “careceu dunha mínima aproximación humana” cos milleiros de familias afectadas pola lacra da droga provocada polo narcotráfico e que onte estiveron presentes no Parlamento. Dixo que Feijóo evidenciou que “o que sinte é a publicación das fotos, non as consecuencias do tráfico de drogas”.

Losada puntualizou que onte foi “un día negro para a calidade democrática” dun país que veu a un presidente “que antepón os intereses persoais e do seu partido aos de Galicia. Advertiulle ao PP que “están enormemente equivocado si pensa que onte rematou algo, onte comezou o empeño dos socialistas galegos por devolverlle a este país a autoestima que merece” logo do azoute do narcotráfico e das mentiras de Feijóo.

O parlamentario socialista apuntou que a intervención de onte ofreceu un “fiel reflexo dun relativismo moral perigosísimo” ao sinalar que só son fotos, o que comparou con cando os nazis definiron o campo de exterminio de Auschwitz de “instalación industrial”.

Reclamou ademais que “si é verdade que o están chantaxeando –como declarou Feijóo onte- debe ir á fiscalía”, porque “non pode ser que Galicia teña un presidente sometido a unha chantaxe que descoñecemos”.

Infamia e mentira

Losada cualificou ademais de “infamia para toda Galicia” a comparecencia de onte que fixo a milleiros de familias revivir o drama das drogas provocado por narcotraficantes como Marcial Dorado. Dixo que o presidente da Xunta mentiu tanto sobre a duración como sobre a intensidade da súa relación co narco, xa que o propio xuíz Vázquez Taín confirmou que non rematou en 1998, en contra do afirmado por Feijóo.

Dixo que “resulta imposible que o número dous da Consellería de Sanidade non soubera con quén paseaba en iate” polas mesmas rías nas que se desenvolvía o tráfico de drogas, nin “con quén pasaba o Fin de Ano”.

Entramado empresarial

O responsable socialista amosou a súa sorpresa pola precisión do coñecemento de Feijóo sobre o entramado empresarial do narcotraficante e as axudas percibidas polas súas empresas. Por este motivo, o Grupo Socialista presentará unha batería de iniciativas parlamentarias para que a Xunta dea conta dos contratos, axudas e concesións do goberno galego percibiron as empresas de Dorado dende 1990.

Losada recomendoulle ao presidente da Xunta que explique diante da Axencia Tributaria o entramado do narcotraficante para que tomen as medidas oportunas. Tamén preguntarán ao vicepresidente da Xunta sobre as supostas instrucións recibidas pola policía para presionar ao xuíz Vázquez Taín e que saíra en defensa de Feijóo.

Finalmente, Losada negou a existencia de ningunha xuntanza do presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, co presidente da Xunta para supostamente pedirlle “deixar de lado” as críticas polas actuacións do empresario Dorribo, imputado no caso Campeón, tal e como declarou onte Feijóo.

O portavoz socialista cualificou estas declaracións en sede parlamentaria de “indignidade e mentira” dun político, Feijóo, “afeito a que todo vale” e que resulta “incrible” por canto a liña política dos socialistas, lonxe de abandonar o Caso Campeón, incluíu 16 solicitudes de comparecencia, 10 preguntas e outras 3 formais pola vía do artigo 9 do Regulamento, practicamente todas elas sen contestar polo goberno galego.

Lembrou ademais que o 11 de outubro de 2011 Pachi Vázquez formulou unha pregunta sobre as axudas concedidas a Dorribo na sesión de control ao presidente, que “bruxuleou”, para mais adiante constatar un encontro e unha concesión millonaria do Igape que foi paralizada pola Operación Campeón.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar