A comparecencia de Feijóo na Comisión de Estudo da Corrupción é "inescusable"

A comparecencia de Feijóo na Comisión de Estudo da Corrupción é "inescusable"

A comparecencia de Feijóo na Comisión de Estudo da Corrupción é "inescusable"

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Estudo da Corrupción Política, José Luis Méndez Romeu, cualificou hoxe de “inescusable” a comparecencia de Feijóo na Comisión de Estudo sobre a Corrupción Política. Así o dixo na sesión desta Comisión –aprobada a proposta dos socialistas galegos- que fixou as normas de funcionamento do órgano.

Méndez Romeu lembrou que o presidente da Xunta reúne a “dupla condición” de presidente da Xunta e do PPdeG, e máximo responsable de “adoptar decisións que están no corazón dos problemas de corrupción de Galicia, como o caso do Concello de Santiago. Reclamou a “opinión e valoración do presidente da Xunta que lle nega información ao Parlamento e omite medidas para prever ou corrixir estas condutas”.

Sinalou que o presidente da Xunta “debera de abrir a quenda de comparecencias, pero non para que faga intervencións como a lamentable do pasado Pleno –sobre a súa relación cun coñecido narcotraficante-”. Sinalou que o goberno “nega na Cámara o que ofrece en roldas de prensa, os datos son sistematicamente negados para ofrecelos deturpados e adulterados para desviar a atención sobre o presunto tráfico de influenzas”.

O responsable socialista lamentou a actuación dos responsables políticos do PP que demostran que “non están á altura da responsabilidade” que ostentan, e sinalou que o propio Feijóo está “obrigado a cumprir as normas e a constituír un exemplo ético e un referente dos valores” democráticos.

Méndez Romeu advertiu que o veto do PP á comparecencia de Feijóo constitúe un “exercicio de ecapismo, ocultación e confusión” que provocará que “canto mais se agoche un asunto mais refulxa”. Dixo que “ademais de de expertos, responsables públicos e persoas coñecedoras do problema da corrupción tamén teñen que vir os responsables de implementar as medidas contra a corrupción”, encabezados polo o presidente da Xunta.

O parlamentario socialista lembrou que dende a presentación e aprobación da iniciativa para constituír a Comisión de Estudo “a situación tense degradado aínda mais”, cunha “sucesión de novas sobre as que lamentablemente non se producen actuacións correctivas, e que afectan a institucións como ao goberno do Estado” polo presunto tráfico de influencias, financiamento ilícito e salarios irregulares por parte do PP.

Lamentou que mentres tanto en Galicia “a transparencia non ten avanzado ao ritmo doutras administracións”, cunha Xunta “renuente a cumprir coas súas obrigas de transparencia, hostil a facilitar coñecemento sobre asuntos administrativos” demostrando “desprezo” ao regulamento do Parlamento e ás resolucións expresas aprobadas pola Cámara crea un “caldo de escurantismo no que medran as condutas irregulares”.

Medidas

Méndez Romeu explicou que a razón de ser da Comisión radica na “necesidade de realizar unha diagnose das causas e consecuencias da corrupción e de adoptar medidas de prevención para non fiar a súa corrección tan só ao ámbito xudicial”. Chamou así a “definir os instrumentos de prevención e resposta e as normas legais que deben ser implementadas, así como os códigos de actuación que deben ser desenvolvidos”.

Lembrou que a sociedade demanda un acordo dos grupos parlamentarios sobre as “medidas para previr, reducir ou corrixir estas prácticas”, polo que lembroulle ao PP que “sería ridículo debater algo distinto do que está tódolos días nos medios de comunicación”.

Sinalou así a necesidade de analizar a incidencia da corrupción no urbanismo, concesións administrativas ou na contratación de bens e persoas”, que “concentran case a totalidade” dos casos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar