A Comisión Institucional debate 9 iniciativas socialistas para denunciar o uso partidario da política deportiva por parte da Xunta

A Comisión Institucional debate 9 iniciativas socialistas para denunciar o uso partidario da política deportiva por parte da Xunta

A Comisión Institucional debate 9 iniciativas socialistas para denunciar o uso partidario da política deportiva por parte da Xunta

A portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Carmen Acuña, presentou un total de 9 preguntas orais na Comisión Institucional para denunciar o uso partidario da política deportiva por parte do PP e a falla de xestión do goberno galego. Acuña explicou que estas iniciativas foron debatidas en bloque diante da negativa da Xunta a respondelas por escrito.

A parlamentaria socialista denunciou o reparto discrecional de convenios por parte da secretaría xeral para o Deporte que supuxeron un investimento total de 5,3 millóns de euros destinados a concellos do PP. Isto supón que o 98 por cento das partidas foron para municipios do PP, fronte ao 2 por cento -104.000 euros- para concellos gobernados por outros grupos políticos.

Tamén reclamou ao goberno galego que explique o reparto da partida de transferencias para infraestruturas deportivas municipais, que foi de 4,9 millóns de euros en 2010 e 272.000 euros en 2011. Tamén pediu que expliquen cómo repartiron os 10,7 millóns de euros destinados a funcionamento operativo de instalacións deportivas orzamentados en 2010 e que reduciuse ata só 1,4 millóns en 2011.

Delegado provincial de deportes

A parlamentaria socialista denunciou tamén o nomeamento como xefe provincial de Deportes de A Coruña ao concelleiro e portavoz do PP de Arteixo, quen “anunciou que ese cargo equivalía ao delegado provincial de Deportes”. Dixo que este nomeamento desbota as afirmacións do goberno galego da redución de altos cargos na figura dos delegados provinciais.

Acuña criticou ademais as afirmacións da secretaría xeral para o Deporte, quen en 2010 sinalou, diante do conflito laboral dos profesionais das instalacións deportivas, que non tiña sentido que a Xunta tivera instalacións deportivas nalgunhas cidades. Reclamou ao goberno galego que explicara si propuxo a cesión das instalacións a outras administración ou si “tal vez propoñen a cesión a empresas privadas para a súa explotación”.

Federación Galega de Priagüismo

Denunciou que a Xunta utiliza o deporte para “comprar vontades” e sinalou neste sentido que o presidente da Federación de Piragüismo, que ademais é concelleiro independente no Grove, afirma que apoia ao PP nesta Corporación Municipal porque prometeron sanear as contas de Federación cunhas axudas “que nunca chegan”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar