A Comisión europea informa a Sánchez Presedo o inicio de procedimentos de infracción pola discriminación fiscal dos pensionistas emigrantes retornados

A Comisión europea informa a Sánchez Presedo o inicio de procedimentos de infracción pola discriminación fiscal dos pensionistas emigrantes retornados

A Comisión europea informa a Sánchez Presedo o inicio de procedimentos de infracción pola discriminación fiscal dos pensionistas emigrantes retornados

O eurodeputado do PSdeG reclama “xustiza” cos pensionistas afectados por unha “estratexia artellada deliberadamente” pola administración tributaria de España

parlamento europeoA Comisión Europea vén de indicarlle ao eurodeputado do PSdeG que a administración comunitaria “incoará procedementos de infracción contra os estados membros” que discriminen aos pensionistas emigrantes retornados. Así llelo dixo o comisario europeo de fiscalidade, Algirdas Semeta, en en resposta a unha pregunta escrita sobre a situación deste colectivo.

O comisario europeo anuncia que nestes momento están “examinando as leis fiscais dos estados membros para detectar indicios de medidas discriminatorias nos eidos concretos das pensións, as persoas móbiles e os traballadores fronteirizos”. Ademais, traballan en “posibles solucións aos problemas de dobre imposición non resoltos na actualidade mediante convenios bilaterais”.

Esta foi a resposta da Comisión Europea á pregunta sobre a situación de inxustiza á que se están vendo sometidos os pensionistas emigrantes retornados, nomeadamente os galegos, que padecen “dobre imposición”.

Sánchez Presedo sinala que “determinadas prácticas e requirimentos fiscais nalgúns estados membros son percibidos polos emigrantes retornados como actos de hostigamento inxusto, contrarios aos principios comunitarios e ás liberdades fundamentais europeas. Reclama así “xustiza” con este colectivo afectado por unha “estratexia artellada deliberadamente” pola administración tributaria de España.

Criticou o trato dos pensionistas “en calidade de delincuentes fiscais” por non declarar as súas pensións percibidas dende outros países, onde xa están sometidas á fiscalidade, e logo de que dende a Axencia Tributaria non se informara deste requisito. Sinala que o goberno ten amparado unha inspección masiva “aproveitando unha evidente falla de información”.

Puntualiza que “ninguén pode crer que todos os pensionistas retornados se teñan posto de acordo para defraudar á facenda durante anos”, senón que non declararon as súas pensións “simplemente porque non sabían que tiñan que facelo”.

Reforma

A Comisión europea informou tamén que no próximo ano presentará un informe sobre mellores prácticas na xestión de problemas fiscais fronteirizos, con propostas como a creación de fiestras únicas centrais nas que os traballadores móbiles poidan dispor dos certificados necesarios das autoridades dos seus países ou normas especiais aplicables aos traballadores móbiles e fronteirizos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar