A Comisión Europea debería ampliar a cota pesqueira a España tras reducir a sobrepesca no 2013

A Comisión Europea debería ampliar a cota pesqueira a España tras reducir a sobrepesca no 2013

A Comisión Europea debería ampliar a cota pesqueira a España tras reducir a sobrepesca no 2013

O eurodeputado socialista considera que a propia evolución das deducións de cota proba "o compromiso da frota pesqueira española" co cumprimento das cotas, "a política comunitaria e cunha xestión sostible das pesqueiras"

O eurodeputado socialista José Blanco reclamou á Comisión Europea que rebaixe o recorte de cota aplicado a España por incorrer en sobrepesca en 2013. Blanco pediu a Comisión que teña en conta a difícil situación pola que atravesa o sector e o esforzo realizado para cumprir a cota asignada, ao ter reducido a sobrepesca por enriba da media comunitaria.

A Comisión Europea fixo onte públicos os datos de sobrepesca relativos ao ano 2013 e, en aplicación do Regulamento 1224/2009, dos recortes de cota aplicables para o ano 2014 a cada país con exceso de pesca. Segundo os datos da Comisión, as deducións aplicadas aos países membros reducíronse nun 22%, prevéndose para España un recorte das cotas de pesca no ámbito das 550 toneladas.

Segundo recorda o eurodeputado socialista, a frota española tivo un mellor comportamento que a media comunitaria no cumprimento das cotas asignadas, como o demostra o feito de que a dedución aplicada a España en 2014 é un 33% menor que o do ano pasado, o que sitúa ao noso país 10 puntos por enriba da media. Todo iso pon de manifesto, en palabras de Blanco, "o compromiso da frota pesqueira española co cumprimento das cotas, a política comunitaria e cunha xestión sostible das pesqueiras".

Precisamente por iso, o eurodeputado galego pediu ao Executivo comunitario a través dunha pregunta parlamentaria que pondere o esforzo da frota española no cumprimento das cotas asignadas, así como a difícil situación que atravesa o sector -con cotas moi axustadas- para que estude unha redución dos recortes anunciados ou medidas que palien o impacto que as novas reducións de cota poderían ter sobre o emprego e a viabilidade dun sector básico para comunidades dependentes da pesca como Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar