A Comisión Europea confirma que o Goberno continúa sen remitir a información pertinente sobre o dique flotante

A Comisión Europea confirma que o Goberno continúa sen remitir a información pertinente sobre o dique flotante

A Comisión Europea confirma que o Goberno continúa sen remitir a información pertinente sobre o dique flotante

Así o denuncian Sestayo e Rodríguez, a teor da resposta da Comisión Europea ao socialista Sánchez Presedo

Sestayo e Rodríguez consideran "escandalosas" as mentiras de Montoro no Congreso intentando esconder a falta de vontade do Goberno para construír o dique poñendo como falsa escusa a UE

A Comisión Europea repite que a consulta é informal e afirma que continúa esperando que o Goberno de España o informe sobre cuestións como o financiamento do proxecto, a súa estrutura xurídica e os fondos públicos necesarios

A Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de Ferrol, Beatriz Sestayo, e a deputada socialista ferrolá nas Cortes, Paloma Rodríguez, cualifican como "un escándalo" "as reiteradas mentiras por parte do Goberno Rajoy, que utiliza permanentemente a UE como falsa escusa para ocultar que é o propio Goberno quen non quere construír o dique flotante en Ferrol,"

Sestayo e Rodríguez fanse eco dunha nova resposta escrita ao socialista Sánchez Presedo na que a Comisión Europea reitera literalmente que a consulta que España realizou foi "informal" e afirma que a Comisión continúa á espera de que o Goberno de España achegue información, "entre outras cousas, sobre o financiamento do proxecto e o nivel de rendibilidade para Navantia, a estrutura xurídica do proxecto de construción, unha cuantificación pormenorizada dos fondos públicos necesarios e a información financeira (real e previsións) de Navantia para os anos 2012, 2013 e 2014 fin demostrouse o que levamos advertindo meses: que o Goberno do PP de Rajoy mente sobre a consulta do dique flotante á UE para ocultar a súa falta de vontade política para construílo"

"A destinataria da petición de información é a Representación Permanente de España. Incumbe ás autoridades españolas decidir que entidade é a máis axeitada para facilitar a información solicitada pola Comisión" -engade a resposta da Comisión Europea.

Ante esta resposta, que confirma que o Goberno continúa sen remitir a información sobre o dique que lle solicitou a Comisión Europea, as parlamentarias socialistas denuncian "a desidia, a falta de interese e a falsidade do Goberno con este asunto".

Recordan que "o pasado mes de xaneiro xa quedou demostrado con outra resposta da Comisión Europea a Sánchez Presedo que o Goberno mentiu sobre a consulta formal/informal". "Con esta nova resposta -sinalan- queda tamén demostrado que o ministro Montoro mentiu cando o pasado 19 de febreiro, respondeu (a unha pregunta oral de Paloma Rodríguez na sesión de control do Congreso), que a construción do dique está a ser sometida a consulta na UE,".

"O certo -engaden- é que o Goberno se escuda na UE para non construír o dique". "As respostas da Comisión Europea demostran que o Goberno mente descaradamente, que argumentou que Bruxelas non permite a construción do dique pero o Goberno nin preguntara, logo fixeron consulta pero informal, e agora dilatan o asunto sen achegar a información que a Comisión Europea solicitou a España para poder seguir tendo unha coartada".

"Mentres tanto, Feijóo, que en campaña electoral se presentou como garante do dique, tamén mente no Parlamento de Galicia e segue en silencio respecto a Madrid, cómplice mudo dun enredo do Goberno que está a provocar o afundimento do sector naval e de Ferrolterra" -lamentan.

"O Goberno debe presentar a pertinente documentación na Comisión Europea, debe explicar na UE que o dique non supón nova construción senón ampliación de instalacións e, sobre todo, debe facelo xa". "Nada llo impide máis que a súa falta de vontade de investir nunha infraestrutura que é absolutamente necesaria" -apuntan.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar