A Comisión de Estudo sobre a corrupción "nace eivada" polas limitacións do PP

A Comisión de Estudo sobre a corrupción "nace eivada" polas limitacións do PP

A Comisión de Estudo sobre a corrupción "nace eivada" polas limitacións do PP

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Estudo da Corrupción en Galicia, José Luis Méndez Romeu, acusou ao PP de limitar o plan de traballo deste órgano provocando que “naza eivada”. Así o dixo logo de constatar o veto do PP ás propostas de solicitudes de comparecencia -salvo catro delas- e documentación presentadas polos socialistas galegos.

O parlamentario socialista dixo que, logo de pasar o filtro do grupo maioritario, “dificilmente poderemos chegar a conclusións tan ambiciosas como puidera parecer nun primeiro momento”. Lamentou este “mal comezo” que a maioría do PP “priva da parte mais substantiva do estudo” que debera realizar este órgano porque “nesta Cámara non se debe coñecer o que non interesa ao grupo maioritario ou ao goberno”.

Os socialistas galegos votaron en contra do informe presentado polo PP por limitar o traballo deste órgano, pero anunciou que “non seremos hostiles aos nomes propostos porque todos poden ter algunha aportación posible”. Dixo que a proposta aprobada resulta “notoriamente insuficiente” por “non dar conta conta do coñecemento deste fenómeno por parte do Goberno galego”.

Así, criticou que o PP teña eliminado do plan de traballo a comparecencia de tódolos representantes do goberno galego solicitados polos socialistas, que eran o presidente da Xunta, o vicepresidente e os conselleiros de Infraestruturas e Facenda, que “en función da súa competencia deberan ter un coñecemento fondo destes asuntos”. Tampouco admitiron a comparecencia do presidente e os dous vicepresidentes da Fegamp.

Os socialistas tamén solicitaran a comparecencia do fiscal do Tribunal de Cuentas, o presidente do TSXG, o fiscal anticorrupción, e do representante en España da Comisión Greco, do Consello de Europa. Ademais negáronse a solicitar o Rexistro de Actividades e relación de postos de traballo do sector público autonómico, ou a relazción de expedientes incoados pola APLU dende a súa constitución.

Tamén solicitaran o informe da Plataforma de Contratación da Xunta sobre os contratos adxudicados sen publicidade nos diarios oficiais nos dous últimos anos, un informe da Xunta sobre as empresas de procedencia dos directivos afectados polo decreto que regula as retribucións e percepcións dos directivos do sector público.

Comparecencias aceptadas

Si que comparecerán, a petición dos socialistas galegos, o presidente do Consello de Contas, o ex presidente deste órgano Antonio López, o fiscal superior de Galicia, o presidente da Asociación de Inspectores de Hacienda, Julio Ramsés Pérez Boga, o director do Centro de estudos Políticos e Constitucionais, e o director da Oficina Anti-Fraude da Generalitat de Cataluña.

Tamén serán chamados o presidente de Transparencia Internacional – España, Jesús Lizcano, o profesor do Instituto para a Calidade de Goberno da Universidade de Gotemburgo, Victor Lapuente, o catedrátivo da Universidade Rey Juan Carlos, Manuel Villoria, o profesor da Universidade Pablo Olavide, Fernando Jiménez, e a profesora da Universidade de Vigo Inmaculada Valeije.

Méndez Romeu salientou que só catro destes comparecentes foron admitidos sendo solicitados en exclusiva polos socialistas, mentres o resto coincidían coa proposta do Grupo Popular.

Vontade construtiva

O parlamentario socialista subliñou a “vontade construtiva” dos socialistas galegos para acadar “propostas viables e desexo de eficacia”, e chamou aos grupos parlamentarios a acadar “compromisos explícitos” para aplicar as conclusións da Comisións. Advertiu que o fenómeno da corrupción conta con “tres solucións sinxelas”, de acordo coa experiencia das democracias do noso entorno.

En primeiro lugar, salientou a importancia de aplicar normas de “transparencia”, das que o Goberno galego “aínda está por estrearse” ao non ter aplicado en cinco anos ningunha normativa para afondar na transparencia no seu funcionamento.

Ademais, lembrou a importancia da “profesionalización da administración”, algo que “o goberno actual comezou a desmontar dende o primeiro día que comezou a xestionar, rachando coa cobertura que ofrecen os concursos de méritos” para as contratacións que tiña aplicado o anterior goberno socialista. Chamou tamén a aplicar unha “nidia separación de administración e política” para limitar a discrecionalidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar