A cidadanía está noqueada coa vaga de corrupción do PP e son precisas medidas de transparencia e bo goberno

A cidadanía está noqueada coa vaga de corrupción do PP e son precisas medidas de transparencia e bo goberno

A cidadanía está noqueada coa vaga de corrupción do PP e son precisas medidas de transparencia e bo goberno

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, defendeu hoxe unha interpelación no Parlamento na que trasladou a necesidade de adoptar medidas para mellorar a transparencia e o bo goberno na Xunta, e advertiu de que a cidadanía galega está “absolutamente desencantada e noqueada coa vaga de corrupción” que o PP protagoniza nestes días. Villoslada ironizou con reintepretar o poema Poderoso caballero es don dinero, de Quevedo, que fala de que o ouro “...viene a morir en España y es en Génova enterrado”.

 

“A sociedade precisa luz e taquígrafos na acción política e pública, a corrupción socava o noso sistema democrático”, afirmou o socialista, quen criticou que desde o goberno do PP se califique “como simples líos o que estamos observando como comportamentos corruptos”, en referencia ao SMS do ministro de Xustiza a Ignacio González. Villoslada anunciou que os socialistas presentarán unha moción no parlamento con varias propostas concretas e mecanismos para evitar estas prácticas corruptas.

 

O deputado socialista apuntou a que o seu grupo é “escéptico” co cumprimento das medidas en materia de transparencia e loita contra a fraude por parte do goberno galego. Como exemplo, sinalou que na Comisión 1ª do Parlamento o PP amosou que non está disposto a informar do grao de cumprimento dos acordos parlamentarios, algo que “non é admisible”. Tamén destacou que rexeitaron cos seus votos aprobar medidas para a protección integral das persoas que queren presentar unha denuncia de corrupción, que a Xunta non dá acceso aos documentos do Consello ou que modifica leis de xeito unilateral a través do “uso espúreo” da lei de acompañamento.

 

Outra das eivas que puxo sobre a mesa Villoslada é a necesidade de regular funcionamento dos lobbys en Galicia. “Conglomerados como o de Villar Mir necesitan regulacións que traten de controlar as actuacións destes grupos de interese”, afirmou. O socialista lembrou as malas prácticas da Xunta nos concursos dos servizos de limpeza, as ambulancias do 061 ou o decreto de vivendas turísticas, no que acaba de coñecerse que non se respectaron as normas de competencia.

 

Apuntou tamén que o Grupo de Estados contra a Corrupción (GRECO) cualificou como globalmente insatisfactorio o grao cumprimento das súas recomendacións en Galicia, e ante a “apariencia de crear un paquete de medidas dirixidas a atallar a corrupción”, a realidade “desminte de forma incontestable esta fallida pretensión”, da Xunta, dixo. Así, Galicia ocupa o posto 13 de 17 no índice de Transparencia Internacional España.

 

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar