A CENG aproba por unanimidade as listas do 20N e supedita a aprobación definitiva ao cumprimento da incompatibilidade de cargos

A CENG aproba por unanimidade as listas do 20N e supedita a aprobación definitiva ao cumprimento da incompatibilidade de cargos

A CENG aproba por unanimidade as listas do 20N e supedita a aprobación definitiva ao cumprimento da incompatibilidade de cargos

A Executiva do PSdeG aprobou por unanimidade o informe favorable ás candidaturas ao Congreso e Senado elaboradas polos comités provinciais, así como o cumprimento do rexime de incompatibilidades que aparece recollido nos Estatutos, Normas e Acordos do PSdeG.

Así, no informe pídese á Comisión de Listas e ao Comité Federal que supediten a aprobación definitiva das candidaturas ao efectivo cumprimento dos Estatutos, normas e acordos do PSdeG, que recollen a incompatibilidade de cargos, no momento da constitución das Cortes.

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, explicou ao remate da xuntanza que este informe foi aprobado por unanimidade da Executiva Nacional Galega, se ben oito dos membros da mesma se ausentaron durante a votación. En calquera caso, precisou, “o informe non tivo ningún voto en contra”.

A reunión prolongouse case catro horas debido, segundo explicou o secretario de Organización, a que “este é o partido do debate, das distintas visións e das opinións. Así se fixo durante todo o proceso de elaboración das listas, no que se escoitou á militancia. É normal que no partido do debate todo o mundo queira falar e dar o seu punto de vista”.

Con este acordo da Executiva, o PSdeG cumprirá despois do 20-N a máxima de que ningún militante acumulará máis de dous cargos. Nunha primeira fase aplicouse aos deputados e deputadas autonómicos nas pasadas eleccións municipais, e agora aplicarase aos deputados e senadores nas Cortes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar