A catedral de Santiago, posible obxectivo yihadista segundo o Ministerio do Interior

A catedral de Santiago, posible obxectivo yihadista segundo o Ministerio do Interior

A catedral de Santiago, posible obxectivo yihadista segundo o Ministerio do Interior

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, vén de presentar unha iniciativa parlamentaria logo de que o Ministerio do Interior e a Delegación do Goberno advertiran da ameaza yihadista contra a catedral de Santiago de Compostela.

Sinala que se trata da “primeira constatación en territorio galego da ameaza yihadista”, e pregunta ao goberno galego si ten decidido crear un Grupo Autonómico para o intercambio de información, de acordo coa Estratexia de Seguridade Nacional. Ademais solicita que o goberno informe do número de incidentes locais detectados en Galicia en relación co yihadismo e sobre a existencia de evidencias da posible relación de Resistencia Galega con esta ameaza.

Méndez Romeu lembra que a incorporación da Catedral de Santiago entre os posibles focos ameazados responde ao Plan Estratéxico Nacional de Loita contra a Radicalización Violenta, que segue a iniciativa da UE de “Loita contra a radicalización e a captación de terroristas” e que desenvolve a Estratexia de Seguridade Nacional.

Esta considera o terrorismo como unha das principais ameazas e os extremismos violentos como un dos factores que poden potencialo, e ademais sinala ao terrorismo yihadista como principal ameaza actual. Neste contexto é onde se define unha estrutura de Grupos Locais de carácter autonómico e estatal, así como a participación dos concellos a través da Federación de Municipios e Provincias.

O responsable socialista apunta que a Estratexia deseña unha ampla participación social e institucional para crear as condicións para o coñecemento preciso da situación actual e o éxito das medidas preventivas deseñadas. Sinala que o yihadismo “é pouco coñecido entre nós” debido ás “barreiras culturais e sociais”, que “dificultan o coñecemento directo deste pensamento radical derivado dunha determinada lectura restritiva do islamismo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar