A burbulla burocrática da Xunta paraliza a creación de empresas

A burbulla burocrática da Xunta paraliza a creación de empresas

Sector Naval. Astilleros. AsteleirosO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe a “burbulla burocrática” na que vive o goberno galego e que entorpece e mesmo impide o emprendemento empresarial. Así o dixo no debate dunha pregunta en Comisión na que aludiu ao informe Doing Bussiness, do Banco Mundial, sobre as limitacións á creación de empresas na Comunidade Autónoma.

O responsable socialista denunciou o desleixo do goberno galego para resolver os atrancos postos en solfa polo Banco Mundial e que sitúan a Galicia nunha “posición límite, especialmente negativa” á hora de crear empresas. A Xunta, dixo, “nin está mellorando en competitividade nin en innovación, e nin sequera parece existir unha estratexia do Goberno galego para axilizar os procedementos administrativos”.

Así, Galicia é a última Comunidade Autónoma en canto aos permisos de construción, a penúltima nos requisitos para a apertura de negocios e a número 13 nas relacións coas entidades de subministro eléctrico. Abrir unha empresa aquí, dixo, obriga a 10 trámites de a lo menos 19 días, e o Goberno obriga a 17 trámites administrativos cunha media de 10 meses.

Na relación co mercado eléctrico, nun lugar cun “practicamente monopolio de Gas Natural, son necesarios 8 trámites –fronte aos 3 de Alemaña-, 134 días –en Alemaña menos de un mes- e o custe quintuplica o de aquel país, onde hai 900 entidades que prestan enerxía eléctrica”.

Lamentou que o goberno galego non estea a establecer “ningún eido de colaboración cos sectores afectados” para resolver estes atrancos, malia a “indignación e preocupación manifesta no mundo empresarial” diante da inseguridade xurídica creada pola Xunta. Pola contra, a súa práctica diaria revela unha notable “improvisación, falla de rigor técnico e falla de coñecemento”.

Así o demostra, dixo, a constante modificación das leis aprobadas polo propio goberno galego, que son cambiadas “de xeito sistemático”, e que terá o seu “exemplo palmario” na Lei do Solo que será aprobada a próxima semana e modificada no seguinte Pleno, antes mesmo da súa entrada en vigor.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar