A blindaxe da financiación para a educación pública é un dos eixos fundamentais do proxecto do PSdeG

A blindaxe da financiación para a educación pública é un dos eixos fundamentais do proxecto do PSdeG

A blindaxe da financiación para a educación pública é un dos eixos fundamentais do proxecto do PSdeG

Abordaron, entre outros asuntos, a Proposición de Lei que defenderá Pachi Vázquez no vindeiro Pleno

Os socialistas advirten que tras tres anos de recortes de Feijóo e os novos de Rajoy sistema educativo galego vaise resentir, en especial intensificarase o fracaso escolar

Hai outro modo de facer as cousas. España gasta menos en Sanidade ou Educación en proporción ao PIB que Alemaña ou Francia. Isto é soportable para estes países porque teñen un sistema fiscal máis eficaz

A sede da Executiva dos socialistas galegos acolleu unha reunión de traballo dos responsables de Educación do PSdeG-PSOE, na que estiveron presentes o Secretario da Executiva, Luis Rodríguez Edrosa, e os voceiros deste área no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, e dos socialistas galegos no Congreso, Guillermo Meijón. Asistiron tamén representantes de organizacións do ámbito docente e estudantil con representación no ensino obrigatorio e universitario.

Entre outros asuntos, os dirixentes socialistas e representantes docentes e estudantís abordaron a presentación no vindeiro pleno do Parlamento de Galicia dunha proposición de Lei para blindar o financiamento da Sanidade e a Educación públicas.

Luis Rodríguez Edrosa salientou que, xunto co Pacto Polo crecemento a blindaxe dos Servizos Básicos “son os eixos fundamentais do proxecto do PSdeG para Galicia”. Mostra do valor para os socialistas galegos destes dereitos e da súa condición de públicos e universais é o feito de que será o propio Secretario Xeral dos socialistas galegos e presidente do Grupo Parlamentario o que defenda na Cámara esta proposición de lei.

Edrosa recordou que esta iniciativa en sede parlamentaria será “reforzada” por un calendario de encontros e reunións sectoriais por toda a xeografía galega.

Tanto o Secretario de Educación da Executiva socialista como os portavoces no Congreso e no Parlamento fixeron valoraron a alta participación acado nas protestas estudantís contra os recortes. Os asistentes á reunión de traballo socialista xustificaron o rexeite na comunidade educativa das medidas de Feijóo e Rajoy porque o que era “un dereito de todos, logo deste recorte pasa a ser o dereito duns poucos”.

Nestes tres anos de Goberno Feijóo, recordan os socialistas, se teñen recortado en Educacíón 800 millóns de euros, que, sumados aos que aproba o Goberno Rajoy en Consello de Ministros, a cifra elévase aos 1.000 millóns de euros, precisamente nun sector no que “non andamos sobrados”, afirma o secretario de Educación da Executiva Socialista, apelando as baixas cualificacións do Informe PISA de 2009. Advirte que o sistema educativo galego vaise resentir, en especial “intensificarase o fracaso escolar”.

A masificación de alumnos elevando a ratio ata 40 alumnos por aula, terá consecuencia directa sobre o emprego. Os socialistas afirman que os 5.000 profesores interinos e substitutos “irán á rúa”.

No relativo ó ensino universitario, o PSdeG-PSOE acusa aos populares de converter a Universidade nunha institución de elite “á que só poderán ir os fillos dos ricos”.

Pero “os socialistas creemos que hai outra maneira de facer as cousas”, afirman. Chamaron á reflexión sobre o feito de que os países cos que queremos converxer, “a situación non é como a de aquí”, España gasta menos en Sanidade ou Educación en proporción ao PIB que Alemaña ou Francia. Por iso teñen mellor sistema educativo que nós, afirman.

Isto é soportable para estes países porque teñen un sistema fiscal máis eficaz, “e esta é a clave do asunto”, concluíron.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar