A axenda social de Feijóo, simple "cosmética" para agochar unha acción de goberno "inexistente"

A axenda social de Feijóo, simple "cosmética" para agochar unha acción de goberno "inexistente"

A axenda social de Feijóo, simple "cosmética" para agochar unha acción de goberno "inexistente"

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, cualificou hoxe de “cosmética” a pretendida axenda social de Feijóo que en realidade supón “publicidade e propaganda para agochar unha acción de goberno inexistente”. A deputada socialista reclamou a comparecencia do presidente da Xunta e da conselleira de Benestar para dar conta desta suposta estratexia de loita contra a desigualdade.

Gallego advertiu que os reiterados anuncios sucédense Consello tras Consello da Xunta dende as pasadas eleccións municipais por “temor a repetir os resutlados”, pero advertiu que os anuncios publicitarios “non van acompañados de decisións orzamentarias”. Esta situación demostra, dixo, que “o cambio é a nivel de estratexia de comunicación pero non de estratexia de acción, que é inexistente”.

“Hoxe en Galicia vívese peor que antes de que chegara Feijóo”, dixo, para explicar que tódolos indicadores analizados por organismos independentes e mesmo institucionais como o CES evidencian o “escándalo” que supón o incremento da pobreza e da desigualdade social.

A deputada socialista lembrou que o número de fogares con tódolos seus membros en paro aumentou un 93 por cento, e o daqueles sen ingresos mais dun cen por cen. Galicia rexistra ademais o terceiro peor comportamento en creación de emprego só por detrás de Madrid e Castela – A Mancha.

A renda de inserción social –Risga- apenas cubre en Galicia un 30 por cento das persoas en risco de pobreza ou exclusión e acumula un retraso de 8 a 10 meses, moi por enriba dos 3 meses que fixa a Lei de Inclusión de Feijóo, que “só supón mais trabas burocráticas e restricións e menos transparencia”.

A taxa de cobertura da Risga é en Galicia de 9 por cada 1.000 habitantes, moi lonxe dos 25 por 1.000 de Asturias, os 15 de Cantabria ou os 19 de Andalucía. O aumento do seu orzamento para manter estes pírricos resultados, dixo, é “a proba mais evidente do aumento da pobreza e da desigualdade en Galicia”, onde o Goberno leva xa un ano sen desenvolver a Lei de Inclusión Social de Galicia.

Lembrou tamén que “Feijóo dedica 1.450 millóns de euros constantes anuais menos á política social dende que goberna”, demostrando que é “falso que os seus orzamentos sexan mais sociais”.

Dende que Feijóo goberna, engadiu, 15.000 familias perderon as súas vivendas, e “pasouse de construír o 6 por cento da vivenda de promoción pública de todo o Estado nos anos do goberno de coalición a non construír ningunha neste ano e só un ridículo 0,27 por cento nos últimos 6 anos”.

Ademais Feijóo só empregou 43 das 500 vivendas das que dispón para atender ás familias en apuros e dos 8.000 desafiuzamentos rexistrados en Galicia dende 2013 só atendeu 80.

Reclamoulle finalmente que “si de verdade quere axudar ás familias recupere a gratuidade dos libros de texto que iniciou Fraga e os socialistas fixemos universal”, ata que chegou o PP e o substituíu por un “vergonzante” sistema un 40 por cento mais caro que beneficia a menos famillias, ou polo reparto de cheques escolares en campaña electoral.

Recuperar dereitos

A deputada socialista presentou unha batería de iniciativas para esixirlle a Feijóo que recupere os dereitos cercenados ás persoas aproveitando a escusa da crise económica. Para isto cumpre acadar mais ingresos a través dun novo modelo de financiamento autonómico e avanzar a progresividade e a equidade fiscal, e afondando na autonomía financeira e tributaria de Galicia.

O camiño exactamente contrario, dixo, ao do último Consello de Política Fiscal e Financeira, do que o conselleiro de Facenda galega volveu “sorprendentemente contento cando Galicia acadou menos fondos dos que nos corresponderían polo axuste do exercicio de 2014”. Lembrou que onte tan só acadou 400 millóns dos mais de 600 que lle corresponden a esta Comunidade Autónoma.

Ademais, advertiu que eses fondos non serán destinados a mellorar os servizos sociais maltratados por Feijóo, senón para “enxuagar a débeda” que incrementou en mais de 6.000 millóns de euros dende a súa primeira toma de posesión.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar