A Axencia Galega da Industria Forestal busca unha "explotación exclusivamente economicista do monte"

A Axencia Galega da Industria Forestal busca unha "explotación exclusivamente economicista do monte"

A Axencia Galega da Industria Forestal busca unha “explotación exclusivamente economicista do monte”

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou que o goberno galego teña utilizado a Lei de Acompañamento para crear “pola porta de atrás” a Axencia Galega da Industria Forestal. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Industria sobre unha decisión que “serviu para quitarlle a xestión do monte a Medio Rural e dárllelo ao departamento de Industria”.

Advertiu que a Lei garante que a Axencia sexa quen xestione os fondos do Plan de Desenvolvemento Rural dedicados á industria forestal, retirándolle esta competencia á Dirección Xeral de Montes para entregárllela a Industria. Deste xeito poderá mesmo propoñer modificacións vía reprogramación de fondos “de considerarse convinte”, como asegurou o propio conselleiro de Economía a finais de marzo.

Losada dixo que esta decisión supón “un paso máis na xestión nefasta de fondos europeos”, ademais de ir “no camiño contrario ás disposicións comunitarias que entenden o forestal ligado ao desenvolvemento rural”. Ademais “relega a sostibilidade medioambiental do medio rural, ademais de poñer en cuestión a imprescindible coordinación dos centros de investigación en materia forestal” que existen en Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar