A aplicación do greening agrario escollida pola Xunta prexudica ás explotacións de leite

A aplicación do greening agrario escollida pola Xunta prexudica ás explotacións de leite

A aplicación do greening agrario escollida pola Xunta prexudica ás explotacións de leite

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, reclamoulle hoxe á Consellería de Medio Rural que reconsidere a decisión adoptada de elección da aplicación do modelo de “greening” nas axudas da PAC. No debate dunha pregunta oral en Comisión, advertiu que de non facelo “as explotacións de leite sairán prexudicadas polas obrigas que esta medida conleva”.

García dixo que unha das novidades da aplicación das novas axudas da PAC é o “pago verde ou greening”, unha axuda orientada a promover a diversificación de cultivos e outras prácticas beneficiosas para o medio. Así, se un produtor dispón de do 75 por cento da súa superficie declarada a pradeira, estaría exento de cumprir coas esixencias que leva consigo esta medida.

Entre outras, obriga aos produtores con máis de 10 hectáreas de superficie a contar con dous cultivos, sen que ningún deles supere o 75 por cento do total, co que se a superficie declarada supera as 30 hectáreas serían 3 os cultivos. Ademais, un 5 por cento da superficie debe quedar a ermo ou con cultivos fixadores de nitróxeno.

A convocatoria publicada pola Xunta de Galicia recentemente interpreta que só se computarán os cultivos que estean polo menos dous meses durante o período de maio a setembro.

Esta época, explicou o deputado socialista, coincide coa do cultivo de millo para alimentación de gando vacún de leite. Isto impediría que as explotacións lácteas que teñen a maioría delas como base de alimentación a alternancia de millo con pradeira e pasto, seguiran estando suxeitas ós condicionantes xerais que se impoñen para o cobro do “greeening”.

Polo tanto, estes requisitos obrigarían a unha parte das explotacións lácteas a un cambio de manexo da superficie, a introdución de novos cultivos, ou a limitar a súa produción de millo para poder acceder a esta axuda.

De forma incomprensible, Galicia optou por a elección do período de verán para fixar os cultivos, mentres que outras comunidades optaron pola de inverno, liberando así ós seus gandeiros de ter que cumprir as esixencias do “greening”.

Polo tanto, estes requisitos obrigarían a unha parte das explotacións lácteas a un cambio de manexo da superficie, a introdución de novos cultivos, ou a limitar a súa produción de millo para poder acceder a esta axuda.

De forma incomprensible, Galicia optou por a elección do período de verán para fixar os cultivos, mentres que outras comunidades optaron pola de inverno, liberando así ós seus gandeiros de ter que cumprir as esixencias do “greening” e pode cobrar esta axuda sen ningún tipo de limitacións.

Prevención de incendios

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, advertiu que o PP “recoñeceu hoxe publicamente que incumprirá o convenio colectivo asinado co persoal de prevención de incendios hai 5 anos”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión na que os socialistas galegos reclamaron o recoñecemento da categoría de bombeiro forestal, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista sinala que a intervención do portavoz do PP serviu hoxe para quitarse a careta e recoñecer que “non cren no servizo de prevención de incendios e non queren cumprir un convenio colectivo que consideran unha parvada que non vale para nada e que será substituído por outro diferente”.

García advertiu que o PP “despreza o servizo”, non quere unha prevención e defensa contra incendios pública e centralizada, e por iso quere desmantelalo para impoñer un modelo baseado nas brigadas municipais e na externalización de servizos. Por iso está a deixar as baixas sen cubrir, permite o deterioro das condicións de traballo e enceta unha estratexia de “denigrar o servizo para implantar outro que considera mellor”.

Os socialistas galegos reclamaran hoxe á Xunta que cumprira o convenio colectivo de persoal laboral da Xunta, nomeadamente no relativo a este persoal, que tiña previsto cambiar a denominación de peóns, peóns condutores, xefes de cuadrilla, vixiantes móbiles e condutores de motobomba polo de Bombeiros Forestais.

Lembrou que a creación desta categoría, que no seu momento non estaba habilitada, depende agora exclusivamente da Xunta de Galicia grazas ao real decreto 1591/2010, de 26 de novembro, polo que se aproba a Clasificación Nacional de Ocupacións. Sinalou que en lugar de seguir a outras comunidades autónomas, neste aspecto Galicia debera ser pioneira por canto leva mais de 20 anos soportando a metade dos lumes do Estado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar