A anulación das concesións de transporte, "unha chapuza e un fraude" da Xunta

A anulación das concesións de transporte, "unha chapuza e un fraude" da Xunta

A anulación das concesións de transporte, “unha chapuza e un fraude” da Xunta

O portavoz de Infraestruturas e Transporte do Grupo Socialista, Raúl Fernández, dixo hoxe que a anulación polo Tribunal Supremo do 89 por cento das prórrogas das concesións de transporte público por estrada “ven a revelar unha inmensa chapuza, un fraude brutal e unha patata quente que lle deixa Feijóo ao seu sucesor no goberno da Xunta”.

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de situar “na ilegalidade” a un total de 129 das 145 concesións de transporte público por estrada, aos que “hoxe comprobamos que, como tiñamos advertido os socialistas, o goberno galego fixo asumir ás empresas un engano masivo que agora terán que pagar”.

Ademais, dixo, a Xunta presidida por Feijóo “carece de tempo material para resolver antes das próximas eleccións autonómicas o tremendo caos no que vai sumir ao sector dos transportes”. Dixo que “unha vez máis demostra a súa nula capacidade de xestión deixando unha auténtica patata quente que terá que asumir o próximo executivo”.

Fernández censurou o “empecinamento” do goberno e do presidente galegos, que “se negaron a escoitar as advertencias dos propios socialistas e da Comisión Nacional da Competencia” fronte á grave irregularidade que supuñan as prórrogas. O Executivo de Feijóo decidiu obviar unha directriz comunitaria que impedía que os contratos de servizo público superaran os dez anos de duración.

A súa resposta foi prorrogar de forma masiva, por dez anos e sen convocar un novo concurso público, 129 contratos de transporte de viaxeiros por estrada, o 90 por cento de todos os que hai, a cambio de que afrontaran a modernización da flota. O deputado socialista sinalou que esta sentenza do Tribunal Supremo reduce a xestión da Xunta a non ter “nin concurso, nin prórrogas legais, nin modernización da flota”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar