A ampliación do teito de déficit permitiría a Galicia dispor de 456 millóns de euros adicionais

A ampliación do teito de déficit permitiría a Galicia dispor de 456 millóns de euros adicionais

A ampliación do teito de déficit permitiría a Galicia dispor de 456 millóns de euros adicionais

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, ven de presentar unha iniciativa parlamentaria na que reclama a ampliación dos prazos para acadar o obxectivo de déficit, o que concedería a Galicia 456 millóns de euros adicionais en 2013. Nesta proposición non de Lei, sinala que a Comisión Europea ven de flexibilizar os obxectivos de déficit para España, o que aínda non se ten trasladado aos requisitos que o goberno imponlle a Galicia.

 

Losada reclama que o Goberno flexibilice o obxectivo de déficit para que en 2013, en lugar do 0,7 por cento do PIB sería, este fora do 1,5 por cento. Esta modificación supón en torno a 456 millóns de euros adicionais, xa que cada décima adicional supón aproximadamente 57 millóns de euros.

 

Así, quere que a Xunta se dirixa ao Goberno de España para modificar os obxectivos sobre o déficit futuro “en base ás prórrogas concedidas pola Comisión Europea na senda de consolidación fiscal das finanzas públicas”. Do contrario, advirte que “os grandes servizos públicos, fundamentalmente sanidade e educación, veranse fondamente afectados”.

 

Losada advirte que a estratexia do PP de centrarse en exclusiva na “loita sen cuartel contra o déficit” supón en realidade “unha ralentización da actividade económica, recesión, incremento do desemprego, caída da recadación fiscal e, polo tanto, ou mais déficit ou unha miseria cruel para unha boa parte da poboación”.

 

Lémbralle a Feijóo que “xa organismos económicos internacionais como o FMI recoñecen que esta vía en exclusiva non leva a ningunha parte e só supón mais dificultades económicas para os grupos máis vulnerables da sociedade”.

 

Apunta ademais que “o camiño sen saída que supón esta vía de actuación ven sendo denunciado dende hai tempo polos partidos políticos de esquerda en Europa, ao tempo que a case totalidade do mundo académico, que a considera unha vía morta”.

 

Acusa ao PP de aliñarse co sector “cegado pola ideoloxía reaccionaria da loita contra o Estado en favor dun mercado que só busca o seu beneficio”. Apunta que a estratexia de centrar a consolidación fiscal na loita intensa a curto prazo contra o déficit público “constitúe un erro de enorme importancia que, ademais de agochar decisións exclusivamente ideolóxicas, prexudica enormemente a a Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar