"A adxudicación do contrato de concesión da Autovía da Costa da Morte radiografía á perfección a incompetencia de Hernández"

"A adxudicación do contrato de concesión da Autovía da Costa da Morte radiografía á perfección a incompetencia de Hernández"

"A adxudicación do contrato de concesión da Autovía da Costa da Morte radiografía á perfección a incompetencia de Hernández"

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, dixo que a adxudicación do contrato de concesión da Autovía da Costa da Morte “radiografía á perfección a incompetencia do conselleiro Hernández”. Criticou así que a Xunta teña “retrasado innecesariamente dous anos nunha obra fundamental que asinan hoxe á mesma empresa por 161 millóns de euros máis”.

López Vidal considera o proceso “un esperpento de todo punto incomprensible á medida dun goberno mediocre e insolvente”. Lembrou que a Xunta “desbotou o proxecto orixinal do goberno socialista –cun custe de 584 millóns de euros- para intentar un pelotazo cun sobrecuste de 395 millóns que tipo que recuar para agora darlle a concesión á mesma empresa do principio pero por 745 millóns, 161 máis e dous anos máis tarde”.

Sinalou que esta diferenza de prezo permitiría levantar a peaxe entre A Coruña e Carballo “por non falar dos dous anos de execución que vamos ter que esperar a maiores por culpa dun goberno que curiosamente amósase obsesionado cos prazos cando as obras non son da súa competencia”. Engadiu que a empresa adxudicataria terá que manter a concesión cinco anos menos “de propina” concedida graciosamente pola Xunta.

Esixiu á Xunta que explique na Cámara autonómica “cómo vai afrontar o pago desta obra” e advertiu que “xa enganaron aos cidadáns impoñendo unha peaxe entre A Coruña e Carballo” e esixiu “garantías de que non van facer o mesmo por segunda vez”. Esixiu “que digan a verdade diante dos cidadáns e asuman a súa incompetencia para xestionar os recursos públicos”.

Plan Galicia

O responsable socialista considerou un “insulto ás xentes da Costa da Morte” que “por parte deste conselleiro mal xestor se mencione a catástrofe do Prestige e o nefasto Plan Galicia do PP”. Esixiu “un pouco de respecto polos que padeceron en carne propia a desgraza das costas petroleadas por unha decisión infame dun goberno que converteu un accidente na peor catástrofe ecolóxica que recorda Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar