O PSdeG expresa o pesar á familia de Fraga e ao PP e destaca "dende a profunda diferencia ideolóxica, a súa laboura a prol de Galicia"

O PSdeG expresa o pesar á familia de Fraga e ao PP e destaca "dende a profunda diferencia ideolóxica, a súa laboura a prol de Galicia"

O PSdeG expresa o pesar á familia de Fraga e ao PP e destaca "dende a profunda diferencia ideolóxica, a súa laboura a prol de Galicia"

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, expresou hoxe o pesar do socialismo galego á familia de Manuel Fraga e á familia do PP “co máximo e profundo respecto, dende unha gran diferencia ideolóxica, pero recoñecendo a laboura que fixo por Galicia quen foi presidente de todos os galegos e galegas durante 16 anos”.

Vázquez destacou que Manuel Fraga foi “unha das personalidades políticas máis relevantes de Galicia” e recoñeceu, “sempre dende a profunda diferencia ideolóxica que temos co seu pensamento”, o “importantísimo papel que desenvolveu na transición entre o franquismo e a democracia”.

“É incuestionable o profundo cariño a Galicia que, dende un xeito distinto ao noso pensamento pero con indubidable apoio da cidadanía, sempre profesou o presidente Fraga”, sinalou Pachi Vázquez.

Destacou tamén a súa contribución á consolidación da nosa autonomía “que defendeu durante 16 anos, dende postulados que non compartimos pero sempre respectamos, e que temos que recoñecer que contaron cun apoio maioritario dos cidadáns do noso país”.

Así, os socialistas galegos súmanse as condolencias que se están a suceder tras o pasamento de Manuel Fraga e expresan o seu pesar e máximo respecto a familiares, amigos e ao PP.

Declaracións de Pachi Vázquez tras o pasamento de Manuel Fraga

audio declaracións Pachi Vázquez tras o pasamento de Fraga

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar