77 traballadores galegos de Tragsa na rúa mentres a empresa recontrata "pola porta de atrás"

77 traballadores galegos de Tragsa na rúa mentres a empresa recontrata “pola porta de atrás”

TragsaA portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, reclamoulle ao goberno galego que “traballe na readmisión dos afectados polo ERE de Tragsa” e a convocatoria da Mesa de Negociación para continuar elaborando o Plan de Viabilidade plantexado polos sindicatos. Quintas presentou unha pregunta oral neste sentido no Pleno do Parlamento celebrado hoxe.

A responsable socialista advertiu que a empresa despediu a 555 traballadores o 31 de decembro, 77 deles en Galicia, mentres aproveita para recontratar a seu persoal “pola porta de atrás pero con menor salario”. Denunciou que a política laboral do PP permite actuacións como a desta empresa para “facer dun contrato estable catro precarios, pobres”, puntualizou.

Quintas considera “inxustificable” o ERE aplicado por unha empresa “cen por cen pública”, que lle custa 12 millóns de euros, o tripla dos beneficios acadados en 2015, e que ten un total de 11.497 traballadores, dos que 4.330 son temporais e conta con “500 directivos, moitos deles cun salario superior ao do presidente do goberno, e beneficiarios de bonos millonarios”.

Denunciou que mentres plantexa un ERE que afecta a 117 traballadores en Galicia, 77 deles xa despedidos, a empresa “incumpre as encomendas de xestión” e o goberno galego “se actúa dámoslle a noraboa pola discreción, porque non se decatou ninguén, nin os traballadores, nin os sindicatos, nin por suposto este grupo parlamentario”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar