7 Cores esixe a suspensión de docencia do profesor Neira García polo seu comportamento “misóxino, homófobo e racista mentres imparte clase”

7 Cores esixe a suspensión de docencia do profesor Neira García polo seu comportamento “misóxino, homófobo e racista mentres imparte clase”

7 Cores esixe a suspensión de docencia do profesor Neira García polo seu comportamento “misóxino, homófobo e racista mentres imparte clase”

Remítenlle unha carta ao reitor da USC para que adopte medidas disciplinarias contra este docente que “imparte teorías homófobas”

O grupo LGTB do PSdeG-PSOE “7 Cores” vén de esixir a suspensión de docencia do profesor Domingo Neira García polo seu comportamento “misóxino, homófobo e racista mentres imparte clase”. 7 Cores vén de remitirlle unha carta ao reitor da USC para reclamarlle medidas disciplinarias contra este profesor que “imparte teorías homófobas” na Facultade de Maxisterio “por incitar ao odio entre as persoas”.

O Grupo 7 Cores sinala que a figura do docente “non só debe transmitir coñecementos en materia, senón tamén no referente aos dereitos fundamentais dos cidadáns e cidadás e á non discriminación das persoas”. Lembran que a Constitución sinala que “os españois son iguais ante a Lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia”.

Ademais, lembra, determina que “a educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto aos principios democráticos de convivencia e aos dereitos e liberdades fundamentais”.

Lembran ademais que a Lei de Educación sinala no seu preámbulo que “entre os fins da educación resáltanse o pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidades afectivas do alumnado, a formación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais e da igualdade efectiva de oportunidades entre homes e mulleres, o recoñecemento da diversidade afectivo – sexual, así como a valoración crítica das desigualdades que permita superar os comportamentos sexistas".

Aseguran por este motivo non comprender “que un profesor da Universidade de Santiago de Compostela faga afirmacións homófobas e se reitere nelas, mesmo comparando á homosexualidade coa pederastia e definíndoa como vicio e desviación”.

Responden así ás afirmacións deste profesor, que sinala que “a muller – muller normal, é dicir, que lle gustan os homes – homes, xeralmente non lle gustan as mulleres noutro sentido, gústanlle os homes. Iso non quere dicir que non haxa algún exceso, algún vicio. Pero igual que o home – home non se preocupa en absoluto, como é o meu caso, da vida destoutras desviacións, dos maricóns nin de pederastas, enténdeme”.

Advirten que estes “ataques homófobos” non son un incidente illado, xa que “foron diana dos seus embates despectivos no aula as mulleres e os homosexuais, xitanos e inmigrantes, segundo comentan os estudantes e as estudantes que habitualmente asisten ás súas clases”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar