7.000 galegos e galegas morreron agardando pola prestación de Dependencia dende 2012

7.000 galegos e galegas morreron agardando pola prestación de Dependencia dende 2012

7.000 galegos e galegas morreron agardando pola prestación de Dependencia dende 2012

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou hoxe a “satisfacción” demostrada pola conselleira de Benestar logo do Consello Territorial de Servizos Sociais e Dependencia. Considera “inexplicable” o balance triunfalista cando Rajoy recortou 84,4 millóns de euros a Galicia en materia de Dependencia, co que dende 2012 faleceron 7.000 galegos e galegas mentres agardaban pola prestación.

Galicia é a sexta Comunidade Autónoma que mais recorte sufriu en materia de dependencia, mentres Feijóo demostra non ter “ningún problema en trasladarlle os recortes aos cidadáns”. Estes están recibindo hoxe as novas valoracións de dependencia, que incrementan por exemplo o pago por unha residencia de 400 a 570 euros para persoas que só teñen 600 euros de pensión, facendo imposible que moitos galegos paguen a súa residencia.

Estes recortes provocaron que sexa a cuarta autonomía con maior lista de espera de dependencia, que aumentou un 30 por cento dende a chegada de Feijóo. Ademais, o gasto por habitante en materia de dependencia hoxe en Galicia é de 88,7 euros, moi por debaixo dos 104,49 euros da media estatal, mentres o goberno central está “entretido manipulando as estatísticas”, que agocha dende o pasado mes de novembro.

A deputada socialista considera “inexplicable” que a conselleira fixera un balance entusiasta dun consello territorial que vén consagrar un recorte de mais do 65 por cento no Plan Concertado de Servizos Sociais, o instrumento polo que o goberno financia aos concellos pola prestación de servizos sociais. A realidade é que Galicia ten cada vez peor comportamento na ratio de prazas de residencias, centros de acollida, cobertura de reinserción ou axuda a domicilio.

Carmen Gallego sinalou que os recortes asestados polos gobernos central e autonómico provocan que só un de cada 150 galegos perciban a renda de inserción social, a metade da media estatal, onde 1 de cada 85 persoas perciben as axudas.

Chantaxe

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista denunciou que o goberno galego está a preparar un “novo atraco” aos concellos galegos aproveitando a conversión do Consorcio Galego de Servizos Sociais na Axencia Galega de Servizos Sociais. A Xunta, dixo, está obrigando aos concellos a sumarse á Axencia asinando un convenio antes do 31 de marzo para “pagar mais polas mesas prestacións”.

Gallego alertou da “chantaxe financeira” e mesmo “extorsión” por parte da Xunta para “facer caixa a costa dos concellos”, chegando a incrementar a factura dende os 90.000 aos 480.000 euros ao ano para un municipio de A Coruña, obrigando a trasladarlle aos cidadáns este “recorte brutal”.

Acusou ao goberno galego de aplicar o incremento e obrigar aos concellos a sumarse á Axencia Galega de Servizos Sociais baixo ameaza de deixar de prestar os servizos ao mesmo tempo que o goberno central lles retira as competencias en servizos sociais. Sinala que os propios habilitados nacionais –secretarios e interventores- impiden asinar o convenio proposto pola Xunta precisamente por ter retiradas as competencias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar