55.000 familias galegas subsisten sen ingresos nin apoio da Xunta

55.000 familias galegas subsisten sen ingresos nin apoio da Xunta

55.000 familias galegas subsisten sen ingresos nin apoio da Xunta

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, anunciou hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias para que o goberno galego incorpore á axenda política a acción contra a pobreza, esquecida polas políticas do PP. Así o dixo na apertura dunha xornada parlamentaria sobre “Pobreza e desigualdade” celebrada hoxe no Grupo Socialista.

O responsable socialista salientou que a crise económica e as políticas de austeridade impostas polo PP teñen provocado que “por primeira vez na historia contemporánea” a pobreza sexa un asunto “presente na rúa e en milleiros de fogares”. Lembrou que en torno a 55.000 familias galegas carecen de ningún tipo de ingreso e dependen dunha axuda pública ou privada que carece dos recursos necesarios.

Lonxe de corrixir a situación, a crise económica e o recorte drástico de gasto público, de xeito especial nas áreas de atención á pobreza, teñen provocado un “círculo vicioso” empeorando os datos e convertendo a pobreza e a exclusión social en problemas crónicos. Esta situación dificulta a reinserción con normalidade á vida laboral e o exercicio dos dereitos sociais, económicos e políticos de milleiros de persoas.

Méndez Romeu deu paso a unha Mesa Redonda, moderada pola portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, na que interveu o director da Rede Galega de Loita contra a Pobreza –EAPN-Galicia-, Xosé Cuns, quen alertou que hoxe hai 672.123 galegos en situación de pobreza e exclusión social, nunha situación “de emerxencia social pura e dura”.

A situación chega, dixo, a que hoxe haxa cinco millóns de persoas en situación de pobreza severa en España, 130.000 delas en Galicia, que conta cunha taxa de pobreza e exclusión do 24,3 por cento.

Cuns criticou a falla de investimento das administracións que operan sobre o territorio galego e deu paso a Ana González Abelleira, concelleira de Benestar e Igualdade no Concello de Lugo. González explicou as actuacións neste eido do Concello que mais investimento dedica á loita contra a pobreza de toda Galicia, con 157 euros por habitante ao ano, por riba da media de 110 euros por habitante.

O último dos ponentes, José Francisco Hurtado, da Xunta Directiva da Coordinadora Galega de ONG, ofreceu a visión da pobreza global e fixo balance das estratexias para cumprir cos coñecidos como “obxectivos do milenio”.

Os socialistas galegos continuaron hoxe coa súa programación de xornadas parlamentarias iniciado no ano pasado co obxectivo de abrir as portas do Parlamento á cidadanía para xerar un foro de debate e información no que discutir sobre as cuestións mais relevantes.

O ciclo de xornadas celebrou xa debates sociais sobre medio ambiente e xestión de residuos en Galicia, a reforma da Lei de interrupción voluntaria do embarazo, política social ou xustiza.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar