"Feijóo supedita os intereses de Galicia aos do PP cunha viaxe para facer precampaña para Rajoy"

"Feijóo supedita os intereses de Galicia aos do PP cunha viaxe para facer precampaña para Rajoy"

"Feijóo supedita os intereses de Galicia aos do PP cunha viaxe para facer precampaña para Rajoy"

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo Garcia, acusou hoxe a Feijóo de supeditar os intereses de Galicia aos do PP coa súa viaxe a México e Panamá. Unha viaxe que “disfraza de institucional, cando en realidade vai facer precampaña para Rajoy”, dixo.

“Unha vez mais, na súa ruta de almorzos, comidas e conferencias, Feijóo supedita os intereses do país aos do seu partido e a impulsar a campaña de Rajoy”, denunciou, “e o que é máis grave é que o fai con fondos públicos, cos cartos de todos os galegos e galegas”.

Lamentou que “mentres en Galicia medra o paro mais que no resto do Estado, baixa a afiliación a seguridade social, lideramos o número de EREs e somos a segunda comunidade con peor crecemento industrial”, Feijóo considere isto un “tema menor” e fuxa dos problemas de Galicia cunha viaxe “disfrazada de institucional”.

Sinalou que Feijóo “se caracterizou por non acordarse dos emigrantes dende que é presidente”, como demostra o feito de que “non convocou o Consello de Emigración en toda a lexislatura” e “deu o tiro de gracia ao Hospital Galego en Bos Aires”. Criticou que “agora en catro días, vaise dedicar a ir á emigración a facer campaña”.

Por elo, avanzou que os socialistas galegos pedirán contas dos resultados desta viaxe, dos contactos empresariais e dos proxectos presentados “dos cales non sabemos nada”. “Moito nos tememos que en realidade será unha sucesión de actos cos emigrantes para facer precampaña para Rajoy e o PP”.

Democracia dos socialistas
García contrapuxo o xeito de facer campaña do PP co dos socialistas galegos, poñendo en valor o proceso aberto para a elección dos candidatos e candidatas ao Congreso e o Senado.

Un proceso “no que hai total democracia e é a militancia a que fala”, dixo, fronte a un PP no que os militantes están á espera de que Rajoy elixa un candidato en cada sitio.

Así, destacou que os socialistas galegos celebraron preto de 240 asembleas, mentres as estruturas provinciais abordarán esta fin de semana todas as propostas que logo se concretarán nos comités provinciais, que se celebrarán o venres pola tarde en Pontevedra e Lugo, o sábado poña mañá en Ourense e o

O secretario de Organización do PSdeG valorou que o partido “fala cos militantes para elaborar as mellores candidaturas, que se corresponden cos desexos da maioría da militancia”. “É un proceso democrático, que leva mais tempo, e que é un pouquiño máis complicado, pero esa é a esencia do partido socialista”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar