Gallego advirte de que a auga subirá un 140% en xaneiro coa nova Lei da Agua de Feijoo

Gallego advirte de que a auga subirá un 140% en xaneiro coa nova Lei da Agua de Feijoo

Gallego advirte de que a auga subirá un 140% en xaneiro coa nova Lei da Agua de Feijoo

A secretaria de Medio Ambiente do PSdeG e portavoz da mesma área do Grupo Parlamentario Socialista, Carmen Gallego, advertiu hoxe que “a subida do prezo da auga dun 140% que ven establecida na  Lei da Auga de Galicia, impulsada polo Goberno de  Feijoo, empeza a ser unha realidade a partir do 1 xaneiro de 2012”.

Deste xeito denunciou que “os catro  Decretos que desenvolven a Lei da Augas de Galicia e que neste intre está en fase de alegacións, non fai máis que confirmar o que os socialistas víñamos denunciando, se lle vai aplicar aos cidadáns un canon que vai supor un incremento do prezo da auga dun 140%, con independencia da súa  procedencia e do seu uso”.

Neste senso, Gallego denunciou que “a Consellería de Medio Ambiente fixo públicos estes decretos no mes agosto, a sabendas de que se trata de época estival, e dando como prazo límite ata o día 9 de setembro para presentar as alegacións”. “Non é suficiente prazo, xa que en agosto os concellos están baixo mínimo, por isto  esixímoslle a Xunta que amplíe o período de alegacións, xa que ademais temos constancia de que moitos dos concellos non recibiron dita comunicación, e xa non están a tempo de presentar ás alegacións correspondentes”, explicou a socialista.

Así, lembrou que “estes decretos especifican que os concellos terán menor presenza na toma de decisións políticas sobre a auga en Galicia e que se converterán en recadadores dun imposto que incrementará o prezo da auga nun 140% e que irá directamente as arcas de Xunta para gasto corrente, sen que os concellos vexan un euro”. “Dado que os concellos van ser meros recadadores esiximos que ese imposto sexa investido en obras hidráulicas alí onde fagan falta e non se especule en función da cor política de cada lugar” reclamou Gallego.

Advertiu que “como xa víñamos sinalando en moitas ocasións a Lei da Auga do Goberno galego só ten un fin recaudatorio, ocultado premeditadamente por Feijoo, a esperar a que pasaran as eleccións municipais e agora as xerais para aplicala”.

Neste senso a responsable socialista lembrou que “coa aplicación deste novo canon por parte da Xunta en moitas ocasión  producirase unha duplicidade de imposto, de tal xeito  que nas provincias de Lugo e Ourense onde existen confederacións os cidadáns pagarán dúas veces o impostos de coeficiente de vertido”. 

A responsable de Medio Ambiente tamén denunciou que “nalgúns casos o incremento da auga pode chegar ata o 280% segundo quen xestione a  EDAR, si é o concello ou si é a Xunta” . Ademais advertiu  de que “a pesares de que Hernández dixo que os usos agrarios estarían exentos do pago do canon “é totalmente falso” porque si estarán sometidos ao canon por contaminación ou pola súa conexión ao alcantarillado. Así pasará tamén coas augas de pozos e traídas veciñais, xa que a norma contempla o pago por “calquera uso da auga”.

A responsable socialista acusou a Feijoo de levar a cabo “un engano masivo cando  aseguraba por activa e por pasiva de aí  baixar os impostos,  esperou a que pasaran as eleccións municipais para por subirlle o prezo da auga aos galegos”. “Dende o PSdeG animamos a tódolos concellos a que presenten alegacións a este lei recadatoria,  e ademais comezaremos unha campaña informativa para amosar a verdadeira cara da esta nova lei de Feijoo”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar