40 actos de mobilización porque "Galicia quere, Galicia pode" un novo goberno que cambie sufrimento por crecemento

40 actos de mobilización porque "Galicia quere, Galicia pode" un novo goberno que cambie sufrimento por crecemento

40 actos de mobilización porque "Galicia quere, Galicia pode" un novo goberno que cambie sufrimento por crecemento

Os socialistas de Galicia celebran este domingo en torno a 40 actos de mobilización e encontros de traballo en tódalas comarcas galegas nos que os candidatos presentarán a proposta de goberno de progreso, de esquerdas e galeguista que cambie sufrimento por crecemento.

 

O coordinador da campaña electoral dos socialistas galegos, Pablo García, salientou a posta en marcha da maquinaria electoral para presentar unha proposta de goberno de progreso, de esquerdas e galeguista “que cambie sufrimento por crecemento”. Explicou que os cabezas de lista polas provincias están acompañados nestes actos por Trinidad Jiménez, Miguel Fidalgo, Antonio Hernando e Jesús Caldera, entre outros.

 

García salientou que os socialistas de Galicia despregan así toda a maquinaria electoral ao día seguinte da presentación formal da candidatura á Xunta de Galicia, encabezada por Pachi Vázquez. A precampaña socialista presentará en todo o territorio o lema “Galicia quere, Galicia pode” un cambio de goberno “que acade unha saída xusta da crise preservando a educación, a sanidade e os dereitos sociais”.

 

Deste xeito, o cabeza de lista por A Coruña, Francisco Álvarez, percorre a feira de Paisoaco, en A Laracha, acompañado pola secretaria de política social do PSOE, Trinidad Jiménez, ademais de María Torres, Estrella Ferreiro Vázquez e números 9 e 16 respectivamente na lista desta provincia.

 

Posteriormente, dirixiranse a Ferrol, onde, xunto coa candidata número 3 por esta provincia, Beatriz Sestayo, e co candidato número 10 desta lista, José Miguel Alonso Pumar, visitan a feira Muelle de Curuxeiras.

 

En Betanzos, participa nun xantar de traballo con alcaldes, portavoces e militantes da comarca. Xa pola tarde, Francisco Caamaño viaxa a Santiago de Compostela para presentar a candidatura da comarca de Santiago na Confederación Gallega de Personas Discapacitadas (COGAMI). Neste acto, está acompañado tamén por Trinidad Jiménez e o candidato número 4 por A Coruña, José Antonio Sánchez Bugallo.

 

Na provincia luguesa, a candidata número un por esta provincia, Concepción Burgo, percorre a feira de gando vacún de Pedrafita, unha das máis importantes de España. Durante a visita, está acompañada polo deputado no Congreso José Blanco e o senador Ricardo Varela, ademais de cargos públicos e orgánicos da provincia e o alcalde da localidade, José Luis Raposo.

 

Pola tarde, desprázanse xunto co número sete, Horacio Rouco, a Chantada para manter unha xuntanza con socios de cooperativas agrarias, gandeiros e veterinarios. Os socialistas mobilizaranse tamén en toda a provincia con diversos encontros en Lourenzá –cos produtores de faba-, Vilalba –coa Asociación de Estudos Chairegos-, Burela –coa confraría de pescadores-, Monforte –con persoal docente-, Pantón –escolas infantís-, O Saviñao –viticultores-, ou Pobra de Brollón.

 

Ourense e Pontevedra

 

En Ourense, a candidatura encabezada pola número 2 por esta provincia, María Quintas, visita O Barco de Valdeorras acompañada do secretario de Política Autonómica do PSOE, Antonio Hernando, e o senador Miguel Fidalgo, onde presenzarán a saída da etapa da Volta Ciclista a Galicia. De seguido, percorren  o malecón e participan nunha xuntanza con veciños.

 

En A Mezquita, a candidatura pola provincia de Ourense participa nun xantar de traballo con militantes e veciños da comarca. Posteriormente, visitan unha explotación agrogandeira en Lamas –Xinzo de Limia-, para visitar a continuación Amoeiro, onde se reunirán con veciños na Casa da Cultura e a última hora da tarde, en Ribadavia, participarán nun acto na sede do PSdeG-PSOE.

 

Na provincia de Pontevedra, o cabeza de lista, Abel Losada, participa nun almorzo de traballo na capital da provincia con mozos e mozas no que participarán o secretario de Ideas e Programas do PSOE, Jesús Caldera, e a candidata número 2, Patricia Vilán, xunto co tamén candidato Manuel Civeira.

 

En Moraña, participarán nun xantar de traballo con militantes e candidatos da comarca e, pola trade, en Bueu, xunto con Carmen Gallego, candidata número catro por Pontevedra, mantén un encontro con mariñeiros e pensionistas do mar e, en Mos, participa nun coloquio no Pazo dos Marqueses.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar