3,5 millóns de euros só para persoal de confianza e directivos dependentes de Presidencia e Vicepresidencia

3,5 millóns de euros só para persoal de confianza e directivos dependentes de Presidencia e Vicepresidencia

3,5 millóns de euros só para persoal de confianza e directivos dependentes de Presidencia e Vicepresidencia

O portavoz de Administración Pública do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, criticou hoxe que a Xunta destine en torno a 3,5 millóns de euros a persoal de alta dirección e confianza que depende de Presidencia e Vicepresidencia mentres desatende as políticas de Igualdade ou a modernización da Xustiza. Así o dixo na comparecencia do conselleiro para presentar os Orzamentos do seu departamento en Comisión parlamentaria.

O responsable socialista lamentou que o conselleiro destine a metade da suposta suba dos seus orzamentos a gastos de persoal, que aumentan preto dun 4 por cento, o mesmo que aumenta o orzamento da Consellería. Díaz Villoslada criticou o excesivo peso das partidas destinadas a persoal de alta dirección e confianza do goberno galego.

Explicou que o gasto en persoal de confianza suma 700.000 euros, aos que hai que sumar 1,5 millóns de euros para este tipo de contratos en Presidencia, mentres o gasto en altos cargos ascende a 800.000 euros, ademais dos 400.000 de Presidencia.

Así, entre os 2,2 millóns de persoal de confianza e os 1,2 de altos cargos, a Xunta destinará en 2017 3,5 millóns de euros aos salarios da alta dirección política, incluíndo a suba de entre o 7 e o 7,5 por cento nos salarios do presidente e os conselleiros.

Sinalou que “estes datos falan por si solos dunha concepción presidencialista da acción de goberno e da non tan austera política de gasto corrente da que habitualmente fan gala, logo de “presumir” dun proceso de reordenación de entidades dependentes da Xunta que mantén a un total de 69 entidades da “administración paralela” do goberno galego.

Díaz Villoslada sinalou o escaso impacto das políticas de Igualdade nos orzamentos para o próximo ano, cando conxela as partidas de conciliación, así como o fomento do autoemprego e emprego feminino, que afectan á poboación en situación de especial vulnerabilidade.

Ademais, malia o incremento testemuñal dos programas de apoio a mulleres vítimas de violencia machista –o ano pasado quedaron sen executar en boa parte- mentres faltan medidas transversais dirixidas a construír unha sociedade en igualdade.

Reclamou “políticas de maior impulso no ámbito escolar, a supresión das subvencións aos centros que segregan por sexo, programas de fomento da titularidade compartida de explotacións no rural, corresponsabilidade parental e garantía legal de listas cremalleira e paridade nos órganos de goberno e alta dirección institucional e privada.

Xustiza

No apartado de Xustiza, o responsable socialista lamentou a “falla de vontade real e de capacidade do goberno para asumir as competencias constitucionais e estatutarias” de Galicia. Advertiu que mentres a dirección xeral de Xustiza aumenta o seu orzamento un 5,2 por cento, só os gastos en persoal crecen xa un 5,1 por cento.

Criticou a inacción do goberno galego en materia de promoción e desenvolvemento do Dereito Civil Especial en Galicia, a promoción do galego ou as medidas alternativas ao cumprimento das penas de prisión. Mentres, o sistema de asistencia xurídica gratuíta “agarda a modificación que nunca chega” e as novas infraestruturas continúan adiadas ou directamente conxeladas.

Finalmente, criticou a “falla de compromiso manifesta” coas entidades locais, xa que malia o aumento do Fondo de Cooperación, os orzamentos previstos para 2017 baixan un 15 por cento, provocando incertidume sobre o seu compromiso coas áreas metropolitanas, o Pacto local e o modelo de financiamento local do PP. Reclamou finalmente un “modelo de subvencións realmente obxectivas” cun sistema de financiamento “incondicionado, reequilibrador, obxectivo e de máxima transparencia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar