López Vidal asegura que o Plan de Seguridade Viaria chega tarde ao Parlamento

López Vidal asegura que o Plan de Seguridade Viaria chega tarde ao Parlamento

López Vidal asegura que o Plan de Seguridade Viaria chega tarde ao Parlamento

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal asegurou que o Plan de seguridade viaria de Galicia “chega tarde ao Parlamento”. Dixo que o responsable de Infraestructuras “veu a presentar á Cámara este documento en plan Kamicaze”. Ademais advertiu que “un mala copia do anterior.

López Vidal lembrou que na pasada lexislatura elaborouse en Galicia o primeiro Plan de Seguridade Viaria de tódalas Comunidades de España. E criticou que durante os 16 anos do Goberno de Manuel Fraga “ non se fixo nada de nada”.

O deputado afirmou que o Conselleiro de Infraestructuras non “ten ningunha credibilidade despois de suprimir o Noitebus en Galicia”. O parlamentario socialista lembrou que esta iniciativa “era a mellor medida contra a sinistralidade dos mozos e mozas nas estradas de Galicia”.

“Vostede xunto coa Conselleira Mato –proclamou- foron sacar a foto co chaleco reflíctante para presentar unha campaña publicitaria do Noitebus e despois suprimiron as axudas”, espetou.

A maiores denunciou que na elaboración deste documento non participaron as asociacións relacionadas co mundo do automóbil, asociacións como STOP accidentes, os centros de reparación ou mesmo as autoescolas. Por iso insistiu nas súas criticas “o que nos trae hoxe ao Parlamento é unha tragala porque ningún dos sectores relacionados ca seguridade viaria da nosa Comunidade participou na elaboración do mesmo”, resumiu. “Hai que falar coas víctimas”, insistiu.

Ademais criticou a minoración en partidas como a do transporte metropolitano ou mantemento das estradas de Galicia.

Chales adosados

López Vidal envioulle unha mensaxe ao Conselleiro “o único gasto productivo polo que aposta o Goberno de Feijoo son os chales adosados, recortando a sanidade, a educación, a dependencia, e a seguridade viaria, entre outros sectores”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar