3.500 familias sen praza en escolas infantís mentres a Xunta infla os presupostos das privadas

3.500 familias sen praza en escolas infantís mentres a Xunta infla os presupostos das privadas

3.500 familias sen praza en escolas infantís mentres a Xunta infla os presupostos das privadas

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe ao goberno galego de deixar sen praza nas escolas infantís ao 31,1 por cento das familias que o teñen solicitado e que agora “non saben qué facer”. Blanco presentou unha pregunta oral en Comisión logo da adxudicación de prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos aprobada pola Xunta o 28 de febreiro.

Blanco sinalou que os datos oficiais constatan que haberá 7.702 nenos e nenas con praza, pero un total de 3.489 sen praza, a pesares de que hoxe hai un 22,4 por cento solicitudes menos que no ano 2009. A falla de prazas públicas, dixo, coincide coa suba dos prezos, un 27 por cento, dende que chegou Feijóo a unha Comunidade Autónoma que ten o terceiro salario máis baixo do Estado.

A responsable socialista desbotou sen embargo que se trate dun problema de falla de previsión, xa que “vostedes o teñen todo perfectamente planificado para seguir inflando as contas dos centros privados”. Este financiamento, explicou, realízase “de maneira directa a través dos orzamentos da Xunta de Galicia e indirecta a través do bono concilia”.

O bono supón un investimento de 3,4 millóns de euros que recae nos centros privados, e que se suma aos 3 millóns de axudas directas e aos 500.000 euros orzamentados para o arranxo daqueles. Estes sete millóns permitirían, dixo, asumir toda a demanda pendente nos centros públicos en tan só dous anos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar